María G. Albert: «O Son da Estación da Rúa é un gran festival, animo a que a xente veña»

O Son da Estación en su primera edición
Publicidad

É o sábado 18 de outubro e actuarán Carlos Ares, Monda, Agoraphobia, Green Angels e Señora DJ

O Son da Estación de A Rúa, o festival promovido por Turismo de Galicia dentro dos Concertos do Xacobeo —que foi adiado por mor dos incendios de agosto— será na tarde noite do sábado 18 de outubro cun gran cartel: Carlos Ares, Mondra, Agoraphobia, Green Angels e Señora DJ. 

A alcaldesa da Rúa, María G. Albert, anima a visitar a localidade para disfrutar deste festival, «que ten moito que ofrecer. ¡Por fin celebramos a segunda edición! —di—. É un festival que tiñamos moitas gañas de recuperar e que fora adiado pola chegada do lume ao noso concello».

A rexedora valorou que O Son da Estación e tamén representativo, «porque esta fin de semana coincide con outra actividade, neste caso de rexeneración ambiental; é un exemplo de que a vida sigue e que tamén pode ser un momento de reencontro da cidadanía a través da música».

Publicidad

María G. Albert subliñou que «é un evento cultural de primeira magnitude«, que calificou de «moi interesante» e citou a Carlos Ares e Mondra, que «colleron un pulo importantísimo, despuntaron no panorama non so galego senón estatal e temos a sorte de telos na Rúa e de balde. Animamos a que a xente veña, ainda que me consta que vai vir moita xente de fora, porque houbo moitas consultas sobre os horarios e o día»,

Un festival que promete.