El Día internacional de erradicación de la violencia contra la mujer se celebró con lectura de manifiestos, concentración y música
La Plaza del Concello de O Barco acogió la celebración del 25-N, «Día internacional de la erradicación de la violencia contra la mujer», en el que participaron alumnas y alumnos de centros como el Colegio «Divina Pastora» y los Institutos Lauro Olmo y Martaguisela, además de representantes de la Corporación municipal, vecinas y vecinos de la localidad.
Hubo lectura de manifiestos y música a cargo de alumnas del Conservatorio Profesional de O Barco.
Durante esta jornada, que también se desarrolló en el resto de municipios de Valdeorras, se alzó la voz en contra de la violencia de género.
El manifiesto institucional de la Corporación municipal de O Barco, consensuado por PSOE, PP y BNG, dice así:
Cada 25 de novembro o mundo conmemora o Día Internacional da eliminación da Violencia contra as mulleres, e cada 25 de novembro, o Concello do Barco únese ao compromiso de millóns de mulleres e homes implicados pola xustiza e a igualdade e que un día como hoxe alzan a voz contra a violencia machista.
Un ano máis os grupos políticos con representación no Concello do Barco queren amosar o seu firme compromiso de non deixar de traballar ata erradicar a violencia machista e facer que a nosa sociedade sexa segura e digna para as mulleres.
Somos conscientes de que o camiño cara a igualdade e cara a unha sociedade libre de toda violencia aínda é longo, e iso fai o noso traballo máis urxente e o noso compromiso máis determinado.
En España, cada ano crece o número de mulleres que foron asasinadas. 1.284, desde o ano 2003. 40 no que levamos de ano 2024. En Galicia, desde que se comezaron as estatísticas no ano 2003, computáronse máis de 70 mulleres asasinadas. Trátase dunhas cifras que son incompletas pola limitación ao longo do tempo das categorizacións dos feminicidios, e pola invisibilidade na que aínda quedan moitos casos, pola situación de especial vulnerabilidade das vítimas.
Debemos lembrar, cada día, que é a violencia de xénero
A violencia de xénero refírese aos actos daniños dirixidos contra unha persoa ou un grupo de persoas en razón do seu xénero. Ten a súa orixe na desigualdade de xénero, o abuso de poder e a existencia de normas daniñas. O termo utilízase principalmente para subliñar o feito de que as diferenzas estruturais de poder, baseadas no xénero, colocan ás mulleres e nenas en situación de risco fronte a múltiples formas de violencia.
A violencia de xénero pode ser de tipo sexual, físico, psicolóxico e económico, e pode darse tanto no espazo público como na esfera privada. As ameazas, a coerción e a manipulación son tamén formas de violencia de xénero. A violencia de xénero pode tomar moitas formas: violencia de parella, violencia sexual, matrimonio infantil, mutilación xenital feminina e os supostos «crimes de honra».
A violencia de xénero é unha terrible vulneración de Dereitos Humanos que pon en cuestión a calidade democrática do noso país. O dereito á igualdade, á liberdade, á seguridade e á dignidade crébase en cada asasinato machista. Os dereitos das mulleres e nenas non estean a consolidarse.
A nosa sensibilidade como sociedade e como individuo non pode quedar tranquila e as estatísticas quedan curtas. Non podemos esquecer aos nenos e nenas vítimas desta violencia: desde 2013, 63 vítimas.
Son cifras desgarradoras que non somos capaces de parar, e esta é a punta do iceberg, os datos das que perdemos. Baixo esta punta están as miles de denuncias, as miles de mulleres que están ou teñen estado en protección a través do SISTEMA DE SEGUIMIENTO INTEGRAL EN CASOS DE VIOLENCIA DE GÉNERO (VIOGÉN).Nos xulgados de Galicia entraron, no último trimestre, 21 denuncias diarias por violencia de xénero.
A pesar do terrible das cifras da violencia machista, resulta extremadamente preocupante a visión que ten unha parte da sociedade, que considera que a violencia de xénero non existe e é só «un invento ideolóxico». Diante deste inaceptable escenario, observamos con preocupación como as cifras se asumen cada vez máis como parte do día a día, normalizándose en lugar de escandalizar.
A isto contribúen os discursos negacionistas e banalizadores, mais tamén aqueles que procuran situar a violencia machista como algo individual ou inevitable, cando existe unha responsabilidade colectiva, institucional e social, de protexer os dereitos humanos e a vida das mulleres.
O machismo máis violento non descansa. As cifras de violencia de xénero en España seguen dando conta de que esta secuela, por desgraza, está aínda lonxe de ser erradicada. A pesar da loita constante do movemento feminista e a consecuente protección das vítimas. O Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero, o instrumento vertebrador de todos os actores que interveñen para previr e erradicar a violencia, e unha ferramenta estratéxica en continuo cambio e adaptación.
As administracións públicas deben seguir colaborando para desenvolver todas as medidas na loita contra a violencia de xénero que reflicte o Pacto, incluída a dotación e execución das partidas orzamentarias dedicadas a este fin.
A violencia de xénero é incompatible cunha sociedade plenamente democrática. Garantir a liberdade a seguridade e a vida das mulleres e protexer ás vítimas non é unha opción, é unha obriga democrática. As administracións locais debemos combater a violencia machista con todos os medios ao noso alcance.
Cada 25 de novembro, debemos homenaxear ás miles de mulleres e de colectivos de mulleres grazas aos que a violencia machista está no centro do debate político. A única maneira de facelo é comprometernos con máis avances.
Ratificamos o compromiso firme do Concello do Barco de Valdeorras contra a violencia machista, e en defensa dos dereitos das mulleres, así como a erradicación de calquera tipo de violencia contra as mulleres e a combater calquera discurso negacionista e posicionamento político que negue a violencia machista ou rexeite as políticas públicas enfocadas á súa total erradicación.
Para todos os poderes públicos e para toda a sociedade debe ser unha prioridade mellorar a resposta que ofrecemos para garantir a seguridade, a liberdade e a vida das mulleres vítimas da violencia machista e dos seus fillos e fillas. Non é posible unha sociedade democrática sen a liberdade e a igualdade das mulleres.