Xosé Merelles aborda co Consello Regulador e a Ruta do Viño iniciativas de enoturismo en Valdeorras

Publicidad

O director de Turismo de Galicia mantivo unha reunión con Marcos Prada na que analizaron futuras accións de promoción de cara o próximo 2026

O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, reuniuse esta mañá co presidente do Consello Regulador da Denominación de Orixe e da Ruta do Viño Valdeorras, Marcos Prada, con quen analizou futuras accións de promoción do enoturismo na zona de cara a 2026.

En concreto, falaron da vindeira edición da Feira do Viño de Valdeorras, da que se estudará unha posible colaboración por parte de Turismo de Galicia.

Tamén analizaron polo miúdo outras actividades que desenvolverá a Ruta do Viño en 2026 como a segunda edición do Festival «Entre Covas», as rutas cicloturísticas pola comarca e o programa «Percorre Valdeorras, experiencia enoturística e cultural».

Publicidad

Xosé Merelles felicitou a asociación Ruta do Viño «polo traballo que fai por dinamizar o territorio e contribuir ao seu impulso turístico desde a promocioción da tradición enoturística».