A Xunta impulsa este programa que contou ca visita da directora xeral de Xuventude, Cristina Pichel
A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, estivo hoxe coas persoas que esta fin de semana realizan tarefas de limpeza e conservación no Parque Natural Serra da Enciña da Lastra. Esta actividade enmárcase no programa de voluntariado ambiental interxeracional, que desde o pasado mes de xuño e ata este mes de outubro desenvólvese durante as fins de semana en 18 espazos naturais de nosa comunidade.
Cristina Pichel destacou a importancia que desta iniciativa para dar a coñecer, impulsar o respecto e coidar o patrimonio natural de Galicia desde unha perspectiva interxeracional. Con este obxectivo, lévanse a cabo tarefas de limpeza, sinalización, eliminación de especies exóticas invasoras ou de catalogación da fauna e flora de zonas de especial valor paisaxístico, ecolóxico e medioambiental.
A intervención voluntaria desta mañá na Serra da Eciña da Lastra centrouse na poda de árbores queimados na ruta da ermida de San Estevo. A xornada completouse cun percorrido polo centro de visitantes deste parque natural e rematou cun xantar na aldea de Pardollán.
Nesta terceira edición do programa de voluntariado ambiental interxeracional ocupáronse o 96% das preto de 450 prazas ofertadas, o que demostra o gran interese que esperta esta iniciativa. A media de idade dos participantes é de 33 anos e a persoa voluntaria de máis idade que participou ten 79 anos.