O itinerario cultural achégase o 6, 7, 20 e 26 de setembro en Petín, A Veiga, O Bolo e Casaio (Carballeda)
V NOVE, o itinerario cultural que se desenvolve entre agosto e outubro, patrocinado por Turismo de Galicia, coa colaboración da Deputación de Ourense, e producido pola empresa valdeorresa Ton y Son, continúa o seu percorrido por Valdeorras.
Nove concellos, nove estacións. Con estas tres últimas propostas queda completo o mapa de V NOVE, que está a levar a súa programación a un castro, a un areal fluvial, a unha ponte histórica, a un castelo e a unha canteira no alto da serra. O itinerario pecharase con música, gastronomía e natureza en Vilamartín de Valdeorras, O Barco e Rubiá.

O programa e o seguinte:
- 6 de setembro: Contos que foron chistes, con Avelino González (20:00 h, Ponte da Cigarrosa, Petín, entrada libre)
- 7 de setembro: Concerto de Son Galaico (20:00 h, Praia dos Franceses, A Veiga, entrada libre)
- 20 de setembro: Concerto de Maricarme (Castelo de O Bolo, entrada libre)
- 26 de setembro: Comedia no cumio, con Carlos Blanco, David Amor e Leti da Taberna (19:00 h, Pizarras Tres Cuñados, Casaio —Carballeda de Valdeorras—), entrada de pago, con modalidade que inclúe autobús
- 3 de outubro: Música no Camiño, con Veintiuno, Eris Mackenzie, Mrs. Fine e Motto DJ (O Bañadoiro, Vilamartín de Valdeorras)
- 10 de outubro: Concerto de De Vacas (Adega Roandi, Éntoma —O Barco de Valdeorras—), entrada de pago
- 25 de outubro: A ruta do mel Serra da Enciña da Lastra (Rubiá, entrada de pago)
Tres novas citas
O sábado 3 de outubro, no Bañadoiro de Vilamartín, a cita máis musical do itinerario está encabezada por Veintiuno, e complétana Eris Mackenzie, Mrs. Fine e Motto DJ, nunha noite ao aire libre á beira do Sil.
O sábado 10 de outubro, na Adega Roandi de Éntoma (O Barco de Valdeorras) De Vacas actúa nunha adega da Denominación de Orixe Valdeorras, levando o concerto ao corazón da paisaxe do viño da comarca.
O domingo 25 de outubro a Serra da Enciña da Lastra de Rubiá pecha V NOVE cunha proposta que une natureza e gastronomía no Parque Natural da Serra da Enciña da Lastra, un dos espazos naturais máis singulares de Galicia e territorio de tradición apícola.
V NOVE pecha así a súa programación
