Turismo de Galicia afirma que a «cova» de Seadur rehabilitouse con fondos europeos

Publicidad

«A Xunta adiantou os fondos para que as accións se puidesen levar a cabo e unha vez finalizadas encárgase de supervisar a execución», expón

A recente visita do subdelegado do Goberno a «cova» de Seadur (Larouco), na que atribuiu á reforma ao Goberno central, leva a Turismo de Galicia a aclarar que esta é unha obra financiada con fondos europeos canalizados cara entidades do territorio a través da Comunidade Autónoma, neste caso, de Turismo de Galicia, que se encargou de asinar convenios de colaboración coas entidades e concellos beneficiadas das actuacións incluídas nos proxectos apoiados pola Unión Europea.

Asinados estes acordos, a Xunta adiantou os fondos para que as accións se puidesen levar a cabo e unha vez finalizadas, encárgase de supervisar a execución e xustificación dos fondos procedentes da Unión Europea. Dito prazo de xustificación remata en xuño de 2026. Neste contexto, a Xunta leva a cabo esta supervisión a través dunha comisión de seguimento entre representantes da Administración autonómica e as entidades locais beneficiadas.

En concreto, a rehabilitación da cova de Seadur é unha das máis de 13 accións incluídas no Plan de Sostibilidade Turística Valdeorras, ruta do viño milenaria, que beneficia tamén aos concellos de O Barco de Valdeorras, A Rúa, A Veiga, O Bolo, Petín, Vilamartín, Rubiá, Larouco, Carballeda. O importe de dito PSTD ascende a 1,5M€ no seu conxunto.

Publicidad

O PSTD de Valdeorras está, á súa vez, dentro do Plan territorial de sostenibilidade turística de Enogastronomía de Galicia (34M€), deseñado pola Xunta de Galicia, que ten 11 PSTDs (un deles o de Valdeorras, Ruta do Viño Milenaria, por 1,5M€).