Secundino Fernández (BNG): «Esquecen a Valdeorras nos orzamentos da Xunta»

Publicidad

O deputado deu a coñecer as enmendas sobre a comarca presentadas aos presupostos do Goberno galego

O BNG deu a coñecer as enmendas presentadas aos orzamentos da Xunta referidas a Valdeorras nunha roda de prensa no Barco na que estiveron o deputado Secundino Fernández, a alcaldesa da Rúa, María G. Albert, o concelleiro Manuel Agra e Roberto Quiroga.

Secundino Fernández sinalou que «ten que haber un impulso social, económico e ambiental de Valdeorras, a administración da Xunta ten que actuar. Teñen a Valdeorras fora do país porque non se acordan para nada desta comarca nos orzamentos e non aparece reflictida prácticamente ningunha inversión, nin inversión nin a nivel de servicios públicos como sanitarios».

As enmendas presentadas aos orzamentos da Xunta son:

Publicidad

Saneamento e abastecemento da Rúa

No 2012 a Xunta aprobou o proxecto de renovación do abastecemento e saneamento da Rúa por un total de 2.400.000 dos que executaron a primeira fase en 2015 por un valor de 721.580 € sen que chegasen a licitarse nin executarse as dúas seguintes fases necesarias para renovar unha rede que continúa sendo de fibrocemento co grave compoñente canceríxeno que iso ten. Neste período de tempo o Concello afrontou obras de mellora en distintas zonas da Rúa pero a suba de prezos neste tempo fai que a estimación de gasto para as obras restantes aumentase considerablemente.

ETAP Petín-A Rúa

A Estación de Tratamento de Auga Potable (ETAP) da Mancomunidade de augas Petín-A Rúa presenta varias deficiencias agravadas este ano coa chegada dos lumes así como coas novas esixencias de calidade derivadas da medición dos ácidos haloacéticos. A mancomunidade conta xa cunha memoria valorada realizada por Aquaourense que permitiría solucionar boa parte dos problemas de calidade das augas en ambos concellos.

Saneamento dos ríos Sil, Xares e Casoio

Os ríos Sil e Casoio están afectados polos verquidos industriais das industrias de lousa que se sitúan no concello de Carballeda de Valdeorras. Ao tempo, ambos cursos de auga, unidos ao Xares, están a sufrir este ano unha merma significativa da calidade das augas debida aos arrastres de cinzas e outros residuos provocados polos lumes deste verán. O seu saneamento é vital para devolverlles a biodiversidade e subsanar e contaminación endémica que padecen.

Separación do PAC

A Xunta de Galiza mantén no Hospital Público de Valdeorras, ao carón das urxencias, as dependencias do PAC de Valdeorras «contra o criterio das e dos traballadores que continúan a defender a idoneidade do Centro de Saúde para este servizo que xa antes se situaba alí».

Dotación de pediatras

A comarca de Valdeorras está a día de hoxe infradotada de pediatras na atención primaria. «O servizo, en case toda a área sanitaria, está a ser cuberto por puericultores que non cubren as necesidades básicas da poboación».

Base do 061 con ambulancia medicalizada

Creación de Base do 061 con ambulancia asistencial de soporte vital avanzado (medicalizada) dentro da Rede de Transporte Sanitario Urxente de Galiza (RTSUG-061): A comarca de Valdeorras esta xeográficamente afastada con orografía de montaña e condicións climáticas adversas en períodos invernais. Case desertizada humanamente, salvo as zonas do val do Sil, non conta cunha ambulancia de SVA que poida dar apoio  ás emerxencias sanitarias como ocorre noutras zonas e concellos.  En Valdeorras existe tanto hospital comarcal como centro de saúde onde localizalas.

Medios para o HADO

Aumento da dotación de recursos humanos e materiais para o servizo de Hospitalización a domicilio (HADO): Valdeorras dispón so dun medico e 1 enfermeira para dar cobertura aos pacientes en HADO de todo o distrito sanitario en horario de quenda de mañá en días laborables, na vez de ser como mínimo capaz de asegurar este tipo de cobertura de luns a sábados en quendas de mañá e tarde deixando de soporte para o resto de xornadas aos PACs do distrito.

Unidade de pneumoloxía e silicose no Hospital Público de Valdeorras.

Plan post incendios

Plan integral de recuperación das zonas queimadas e de revitalización do rural: Valdeorras sufríu este verán o maior incendio da súa historia. Un lume que calcinou máis de 30.000 hectáreas e que arrasou boa parte da superficie forestal e de monte dos 9 concellos e que, ao tempo, tivo tamén afectacións a distintos núcleos de poboación. Ademais, os arrastres de cinzas, lodos e madeira queimada están a supoñer graves problemas de abastecemento domiciliario de auga.

Mellora do trazado e a seguridade da OU-533

Tras o abandono de Valdeorras e a súa desconexión das novas vías de transporte por ferrocarril de alta velocidade este vial tense tornado chave na conexión da comarca a través dos camiños de ferro. O tránsito que soporta esta estrada non se corresponde coas súas características de estrada de montaña, principalmente no último tramo Viana do Bolo –A Gudiña, que precisa ser reformado con urxencia.

Arranxo dos desprendementos da OU-121 no lugar de Santigoso: A estrada que une a localidade do Barco de Valdeorras coa parroquia de Santigoso, pertencente á rede de estradas da Xunta de Galicia pacede de contínuos desprendementos que poñen en perigo aos usuarios ao tempo que dificultan o tránsito de comunicación entre ambas localidades

Hospital

Mais que inversións en obras o que queremos é que haxa servizos no hospital como neumoloxía, pediatría, radioloxía etc. O caso das incubadoras xa deixou de manifesto a decadencia, parece que o queren convertir nun centro de saúde e a xente quere un Hospital»