As empresas interesadas teñen ata o 22 de xullo para presentar ofertas
O Portal de Contratos Públicos da Xunta publica hoxe a licitación, por importe de 120.032 euros, para a subministración de dúas incubadoras de transporte neonatal. Unha delas terá como destino o Hospital Público Comarcal de Valdeorras, pertencente á area sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, e substituirá o equipo existente actualmente no centro
Outra irá ao Hospital Novo Montecelo, pertencente á área sanitaria de Pontevedra e O Salnés.
A incubadora de transporte neonatal extrahospitalario é un equipo de soporte vital para trasladar a recentemente nados prematuros ou con patoloxías complexas aos hospitais de referencia.
Ten a capacidade de proporcionar un entorno seguro e estable para o paciente neonato, illamento térmico e acústico, control da temperatura e humidade e cunha fonte de osíxeno suficiente para cubrir a distancia máxima deseñada. Ademais, debe estar homologado especificamente para o transporte terrestre e aéreo.
As empresas interesadas neste contrato teñen de prazo ata o 22 de xullo para presentar as súas ofertas.
