Recomenda Valdeorras pechouse con roteiros en Rubiá e A Veiga

Publicidad

O programa de AEVA contou con catro rutas en dez datas diferentes dedicadas ao patrimonio medieval, o enoturismo, a romanización e a natureza

O Parque Natural da Serra da Enciña da Lastra, en Rubiá, e a ruta da Cántara da Moura, na Veiga, foron os destinos escollidos polos formadores de Recomenda Valdeorras, Luís Carrón e Soledad Figueroa, para pechar esta innovadora actividade que se ven celebrando dende o pasado 16 de abril.

Foron en total catro rutas realizadas en dez datas diferentes e dedicadas ao patrimonio medival, o enoturismo, a romanización e por último, a natureza.

A última das rutas celebrouse este sábado 20 de maio pola tarde, poñendo o broche a unha actividade que serviou non só para formar aos profesionais nos valores turísticos da comarca, se non para establecer sinerxias entre negocios, poñendo en contacto aos seus responsables nun contexto distendido e que implicaba convivencia e desfrute do entorno.

Publicidad

En total, participaron máis de trinta de persoas, moitas delas de empresas asociadas a AEVA. Todas elas recibirán un distintivo de
Recomendadores de Valdeorras que poderán colocar nos negocios e estarán convidados á presentación do balance da actividade que se realizará na última semana de maio para refrozar os vínculos e planificar novas iniciativas que podan ampliar esta primeira formación.