PSOE, BNG e Riada Cidadá levarán a pleno unha moción que defende unha Atención Primaria de calidade

Publicidad

Apoia a Iniciativa Lexislativa Popular promovida pola Plataforma SOS Sanidade Pública de Galicia

Os grupos municipais do PSOE, BNG e Riada Cidadá levarán ao pleno ordinario do xoves unha moción conxunta que busca apoiar a Iniciativa Lexislativa Popular promovida pola Plataforma SOS Sanidade Pública de Galicia, integrada por organizacións sociais, sanitarias, de pacientes, sindicais e políticas, que pretende: que o Parlamento Galego, debata e aprobe as siguientes medidas:

  • Establecer a atención presencial ao paciente como regra xeral para as consultas médicas
  • Fixar uns mínimos, na dispoñibilidade de centros e persoal por habitante para salvagardar a calidade da atención aos pacientes
  • Acabar ca inestabilidade e precariedade do persoal e realizar, como mínimo, unha convocatoria anual de prazas
  • Reabrir as consultas, Centros de Saúde e PAC de Urxencias pechados durante os últimos anos
  • Incrementar o persoal médico, de enfermaría, administrativo dos centros de saúde e redimensionar os seus cadros de persoal, incorporando novas categorías profesionais aos equipos como psicoloxía, fisioterapia, atención temperá, logopedia, etc., para
  • desmedicalizar a atención e ofrecer unha asistencia integrada.
  • Recuperar as Xerencias de Atención Primaria para dotala de capacidade de planificación e autoxestión e acabar co seu sometemento aos hospitais. Que sexan o elemento esencial para organizar e integrar a Atención Primaria cos hospitais, saúde pública, asistencia social e atención á dependencia.
  • Desenvolver as conclusións do Consello Técnico de Saúde de Galicia
  • Poñer en marcha o Consello de Saúde de Galicia e os Consellos de Saúde de Área Sanitaria, para que a poboación teña capacidade real de planificar, decidir e avaliar a actividade dos centros

Estiman os grupos asinantes da moción que todas estas medidas, recollidas na Iniciativa Lexislativa Popular, deberían aprobarse de maneira urxente polo Parlamento de Galicia («dada a gravidade da situación da Atención Primaria, en risco real de desmantelamento e privatización» —argumentan—) e ir acompañadas dun incremento do orzamento de Atención Primaria ata alcanzar o 25% do total.

Enganden que as institucións locais son esenciais no proceso de recuperar os recursos, garantir a accesibilidade á asistencia, desmasificar as consultas, reabrir os centros e PAC pechados e acabar cas listas de espera que son incompatibles cunha asistencia racional e de calidade, «antes de que sexa demasiado tarde», conclúen.

Publicidad