«Os Vieiros de Florencio»: A campaña do CCA O Barco cos centros escolares para festexar As Letras Galegas

Publicidad

Os escaparates lucirán versos de Florencio, os cativos poderán participar nunha xincana que da opción a participar nun sorteo e se premiará a mellor fotografía dos centros escolares participantes

A asociación Centro Comercial Aberto (CCA) O Barco colabora cos Equipos de Dinamización da Lingua Galega dos centros educativos de O Barco (CEIP Condesa de Fenosa, CEIP Julio Gurriarán, CEIP Otero Pedrayo, Colexio Plurillingüe Divina Pastora, IES Lauro Olmo e IES Martaguisela) na organización da campaña “Os Vieiros de Florencio” para festexar as Letras Galegas 2022, que homenaxean ó poeta valdeorrés Florencio Delgado Gurriarán.

Publicidad

No 2022, os establecementos asociados ao CCA O Barco e participantes na campaña, un total de 44, amosarán nos seus escaparates fotografías con versos de Florencio Delgado Gurriarán elaboradas polo alumnado dos centros educativos.

Paralelamente, os cativos da comarca poderán participar nunha xincana buscando as fotografías nos establecementos e vinculando as mesmas cos versos indicados nun folleto de partipación que deberán selar en cada establecemento.

Publicidad
Publicidad

Ao completar a xincana e ter o folleto cuberto, xunto cos datos persoais, deberán depositalo nunha urna instalada nas oficinas do CCA O Barco (c/ España, 1).

A campaña se desenvolverá dende o xoves 12 de maio ao martes 31 de maio. Entre tódolos participantes se sorteará un vale de compra de 50€ para investir nas librarías asociadas ao CCA O Barco: Caprichos, Libraría Murciego, Praxis e Libraría Yoli.

Ademais, se premiará a mellor fotografía de cada centro educativo cun vale de 25€ para material escolar.

A campaña estará aberta ata o 31 de mayo.