31.9 C
O Barco de Valdeorras
sábado, agosto 8, 2026
Publicidad

Os trens turísticos axudan a promocionar Valdeorras

Publicidad

O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, recibiu aos participantes da Ruta do Viño Ribeira Sacra e Valdeorras

O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, recibiu hoxe aos participantes da Ruta do Viño Ribeira Sacra e Valdeorras como parte dos Trens Turísticos de Galicia impulsados pola Xunta, Renfe e o Inorde na estación de tren da Rúa-Petín. Posteriormente, visitaron a adega A Coroa, unha das paradas máis destacadas desta experiencia que combina enoturismo e patrimonio en Ourense.

Xosé Merelles participou no recorrido turístico pola adega na que se falou da tradición vitivinícola da zona, da variedade «godello» e das covas interaccionando cos visitantes.

A visita permitiu poñer en valor o programa dos Trens Turísticos como unha iniciativa que contribúe á economía local e á promoción dos recursos do territorio galego.

Publicidad

Este ano, o produto ofrece 13 rutas con 33 saídas que continuarán durante todo este mes de agosto ata o mes de outubro, consolidándose como unha das iniciativas de referencia para descubrir Galicia dun xeito sostible e diferente. Concretamente, a Ruta do Viño Ribeira Sacra e Valdeorras volverá ter unha segunda saída o vindeiro 19 de setembro.