«Orgullo Vianés», o cartel de Noa Vaz que anuncia o Entroido en Viana do Bolo

Publicidad

O Concello de Viana do Bolo elexiu o cartel mediante un concurso no que participaron 15 traballos

A Casa do Concello de Viana do Bolo acolleu hoxe a presentación do cartel que representará o Entroido do 2024. Foi realizado por Noa Vaz Macías, estudante de 17 anos do IES Carlos Casares da localidade, e foi elexido mediante un concurso no que participaron 15 traballos.

O alcalde, Andrés Montesinos, e a autora do traballo, amosaron o vistoso cartel no que figuran o boteiro, un bombo (en alusión ao folión), a mula e outros elementos propios do Entroido de Viana.

Noa Vaz é a gañadora máis xove de todas as edicións do concurso, unha das curiosidades que destacou o alcalde, Andrés Montesinos.

Publicidad

Pola súa banda, a autora dixo que o seu obxetivo foi representar «a nosa tradición, tan bonita que temos en Viana do Bolo da mellor manera posible. E para mín é un orgullo representala neste cartel», sinalou con ledicia.