Oito establecementos hostaleiros participan en «Gastromímate, unha ponte de sabores» no Barco

Publicidad

O precio dos pratos gastronómicos e de 6 a 8 euros con produtos de tempada e viños da DO Valdeorras

A Asociación Empresarial de Valdeorras impulsa para a ponte de decembro o II Concurso de Maridanza Gastromímate, unha ponte de Sabores, que se desenvolverá en oito establecementos de hostalaría da comarca de Valdeorras. Estes ofrecerán unha maridanza dun prato elaborado con produtos de outono e de proximidade, como setas, cabaza, castañas, noces ou mel, cun viño da DO Valdeorras. Entre o día 5 e o 11 de decembro, a cidadanía poderá catar e valorar as propostas “natura” elaboradas para a ocasión a modo de ración con viños tintos ou brancos da zona e os locais obterán un recoñecemento polo voto do público e polo dun xurado profesional.

Os establecementos inscritos, cuxas propostas custarán entre 6 e 8 euros, son Café Teatro Bajo 5, Cafetería Fernando III, Bar San Roque, Cervecería 13/14, Muro del Malecón, Agarimo Tapería, Alpha Raíces e Taberna O Burato. No interior dos mesmos estará colocada unha urna para o voto do público, que, pola súa participación, optará a tres tarxetas regalo ValdeCASCH e un lote de viños da DO Valdeorras.

O sábado día 10 o xurado avaliará as propostas de todos os locais, valorando o emprego de produtos gourmet de proximidade e a súa combinación cos viños. Para os establecementos haberá un premio por voto popular, ademais doutros dous do xurado, un pola maridanza con viño tinto e outro pola maridanza co viño branco.

Publicidad

A entrega de premios terá lugar o domingo 11 de decembro, ás 12.30 horas, nun acto que estará precedido dun percorrido a través do Malecón coa participación da regueifeira Lupe Blanco Vázquez, quen sacará o mellor das súas dotes interpretativas e de improvisación oral.

Esta iniciativa da continuidade á súa exitosa primeira edición, celebrada no Entroido de 2019, e que quedou interrompida pola pandemia.
Este II Concurso de Maridanza se enmarca no programa AEVAEMPREGATE IV, que conta co patrocinio da Deputación provincial de Ourense.