O PSOE insta a Xunta a aprobar e construir unha residencia para personas maiores en Petín

Publicidad

Leva unha proposición non de lei ao Parlamento na que expón esta necesidade neste municipio, o único de Valdeorras sen un centro de atención aos maiores

O Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, por iniciativa das súas deputadas Carmen Rodríguez Dacosta, María Elena Espinosa Mangana e Silvia Longueira Castro presentó ante a Mesa do Parlamento unha proposición non de lei para o seu debate en Comisión sobre a necesidade dunha residencia para as personas maiores na localidade.

Os socialistas solicitan que o Parlamento de Galicia inste a Xunta de Galicia a aprobar e posteriormente construír unha residencia pública para persoas maiores no municipio.

O PSOE afirma que os centros residenciais son unha parte moi importante da atención aos nosos maiores, facilitando a permanencia no
seu entorno. «Nas últimas décadas asistimos a un aumento no numero de residencias. No obstante, aínda existe un desaxuste respecto ás necesidades de cobertura a unha crecente demanda social», expón.

Publicidad

Argumenta que a pesares da existencia de residencias na comarca de Valdeorras, a día de hoxe, existen listas de agarda para acceder a unha praza pública, feito que repercute na calidade de vida das persoas maiores. Petín é o único municipio da comarca que carece
de servizos que presten unha atención integral e continuada para as persoas maiores.

Un 32;43 % da poboación de Petín ten máis de 65 anos. Dita porcentaxe redúcese porque as persoas que ingresas noutros municipios trasladan aló o seu padrón, un feito «que supón unha ruptura co seu entorno de convivencia habitual imposibilitando en moitos casos as visitas ao seu propio domicilio».

Así mesmo, a apertura dun centro en Petín suporía a creación de postos de traballo.

O Concello de Petín en sesión plenaria do 31 de xullo de 2020 acordou por unanimidade o acordo de tramitar ante a Xunta de Galicia a través da Consellería de Política Social e ao mesmo tempo ante a Deputación Provincial de Ourense a construción dunha residencia pública para persoas maiores nunha parcela propiedade do Concello, sen que ata o momento a Consellería accedese á petición.