O presidente da Xunta recibiu ao alcalde do Barco para falar de proxectos

Publicidad

Alfonso Rueda comprometeuse a firma dun convenio para renovación do abastecemento en Outarelo

O presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, recibiu en Santiago ao alcalde do Barco, Aurentino Alonso, quen acudiu á cita acompañado do ex rexedor, , Alfredo García, para plantexarlle diferentes proxectos de interese para o Concello barquense.

Na xuntanza, Rueda Valenzuela comprometeuse á firma dun convenio para a cofinanciación do abastecemento de augas, bombeo e construción de novo depósito na localidade de Outarelo.

Trátase dunha obra cun custo de 296.000 euros, que serían financiados nun 80% por Augas de Galicia, organismo que está nestes momentos supervisando o proxecto elaborado polos servizos técnicos do Concello.

Publicidad

O alcalde plantexou tamén ao presidente a necesidade de que o Consorcio Galego de Servizos e Igualdade asuma a Escola Infantil Municipal, e que pase a formar parte da rede de escolas da Xunta. Esta cuestión será sometida a estudo, ao igual que a financiación, por parte da Xunta, da segunda fase das obras de ampliación das instalacións da Escola Infantil, cuxo proxecto está en proceso de redacción.

Por último, Aurentino Alonso deu a coñecer ao presidente da Xunta o proxecto que se está a elaborar no Concello, para o que espera contar con fondos europeos, para a posta en marcha dun Centro de Interpretación da Minería, buscando o apoio do goberno galego para a creación futura deste centro e a súa posta en funcionamento.