O delegado da Xunta asistiu ao comenzo das obras na OU-636 en Larouco

Publicidad

As obras mellorarán a seguridades e accesos cunha inversión de 48.000 euros

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, desprazouse esta mañá ao concello de Larouco para comprobar, xunto coa alcaldesa, Patricia Lamela, o comenzo das obras de mellora da seguridade e da accesibilidade da estrada OU-636, nas que a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade inviste máis de 48.000 euros. Os traballos teñen un prazo de execución estimado de 4 meses.

As obras desenvólvense na estrada OU-636 ao seu paso polos núcleos de Larouco e da Caseta e consisten na execución de cunetas transitables que conecten coas beirarrúas existentes, xunto coa adecuación aos requisitos de accesibilidade dos pasos peonís actuais.

No núcleo de Larouco executaranse tres tramos de cuneta transitable de formigón armado que suman unha lonxitude de 190 metros e conectarán coas beirarrúas actuais.

Publicidad

Tamén se reforzará a accesibilidade nos pasos de peóns, dotando as beirarrúas de tramos en rampla e baldosas podotáctiles, ampliando a súa anchura nestes puntos para evitar o aparcamento na aproximación ao paso e mellorar a visibilidade.

No núcleo da Caseta construiranse dous tramos de senda-cuneta entre os puntos quilométricos 19+850 e 19+910.

A Xunta continúa traballando na mellora da rede viaria autonómica para proporcionarlles aos cidadáns unhas estradas cómodas, seguras e eficientes.