A medida foi proposta polo BNG e aprobada cos votos do grupo de goberno do PSOE e a abstención do PP
O Concello do Barco reclamará á Xunta de Galiza un incremento progresivo do financiamento do Servizo de Axuda no Fogar, ata acadar un prezo mínimo de 20 euros/hora nos dous primeiros anos e 24 euros/hora ao final da lexislatura, de acordo co custo real do servizo. A solicitude foi acordada no pleno da Corporación municipal á proposta do BNG e coa abstención do PP.
Manuel Agra, portavoz del BNG, expresou na moción levada ao pleno a necesidade de instar á Xunta de Galiza a reactivar de inmediato a Comisión Permanente Fegamp–Xunta, coa finalidade de abordar un novo modelo de financiamento local e revisar a distribución de competencias en materia de servizos sociais; que a Xunta asuma integramente o custo do SAF para persoas en situación de dependencia, conforme o previsto na Lei 39/2006, garantindo a sustentabilidade económica dos concellos e que negocie un novo convenio colectivo autonómico para o persoal do SAF, que actualice as condicións salariais e recoñeza as súas enfermidades profesionais, garantindo un traballo digno e seguro.
Tamén pediu dar traslado da moción aprobada ao presidente da Xunta, á Consellería de Política Social e Igualdade, á Fegamp, ao conxunto dos grupos parlamentarios do Parlamento de Galiza e aos concellos da comarca, convidándoos a aprobar mocións de apoio neste mesmo sentido.
O alcalde do Barco, Aurentino Alonso, dixo no pleno que o Concello asume máis do 30 % do servizo do SAF o que supón máis de 300.000 euros para as arcas municipais e defendeu que os problemas de fondos da Xunta se solucionarían si se adhire ao nove sistema de financiación proposto polo goberno central.
