O CCA O Barco entregará agasallos para festexar o Día do Pai

Publicidad

Desenvolverá a campaña «Xuntos é Mellor» o 19 de marzo

O Centro Comercial Aberto (CCA) O Barco lanza a campaña «Xuntos é Mellor» con motivo do Día do Pai, unha iniciativa que busca celebrar a figura paterna e a importancia dos lazos familiares. «Queremos destacar que a unión e o tempo compartido son os mellores agasallos que podemos ofrecer aos nosos pais, e que mellor forma de pasar tempo xuntos que de compras polo comercio local», expón o colectivo.

Este 2025, a asociación Centro Comercial Aberto (CCA) O Barco entregará un agasallo para festexar o Día do Pai. Será o 19 de marzo, en horario de 10:30 a 13:30 horas nun expositor que se ubicará na Praza do Concello.

Para recibir o agasallo é obrigatorio presentar un tícket de compra mínima de 5€ de calquera dos establecementos asociados ao CCA O Barco con data do mesmo día.

Publicidad

Os tíckets de compra depositaranse nunha urna para participar nun sorteo de dous vales de compra por valor de 50€ cada un para invertir nos establecementos asociados.