O programa festivo contou con gastronomía, actividades culturais e homenaxes
O Bolo celebrou a XVI Festa da Vitela cun amplio programa de actividades culturais, feira, homenaxe aos voluntarios na extinción dos incendios do verán e tamén unha lembranza á cantareira de Lentellais: Jacinta Fernández. A figuras do Entroido do concello, o Touro e o Xigante de Celavente e a Mázcara de Buxán tamén tiveron representación nesta xornada.
Entre os invitados, estiveron o director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, o director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, Martín Alemparte, o alcalde do Bolo, Miguel Ángel García, alcaldesas e alcaldes de Valdeorras.
Os representantes da Xunta destacaron o papel deste tipo de festas gastronómicas pola súa contribución á promoción dos produtos agroalimentarios galegos. Neste sentido, a Festa da Vitela incluiu unha feira de produtos tradicionais, con postos de mel, queixos, panadaría ou embutidos, entre outros.
O menú da festa gastronómica contou coa tradicional vitela (carne de tenreira) con patacas e chourizo e acompañada de sopa e sobremesa.
Ambiente o bo tempo acompañaron nesta xornada festiva no Bolo.


