Novo médico para o centro de saúde do Barco

Publicidad

O facultativo completa o cupo das 21 prazas de difícil cobertura convocadas para a Área Sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

A incorporación nas vindeiras datas dun novo facultativo especialista en atención primaria, que terá como destino o servizo de Atención Primaria de Valdeorras, completa o cupo das 21 prazas de difícil cobertura que foron convocadas no seu momento para a Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras.

No mes de outubro do pasado ano un total de 20 médicos e médicas de Atención Primaria tomaron xa posesión das súas prazas nos distintos servizos de atención primaria da provincia e na data de hoxe completouse o proceso, nunha segunda quenda, coa incorporación efectiva ao servizo Valdeorras dun facultativo que desenvolverá as súas funcións e prestación de servizos tanto no centro de saúde de O Barco como no punto de atención continuada. Para este novo profesional ábrese o prazo dun mes para que se incorporen á praza adxudicada.

Publicidad

Este proceso convocado a finais do mes de abril, ten por obxecto dar unha resposta adecuada ás necesidades actuais da atención primaria, garantindo a continuidade asistencial con criterios de calidade e tendo en conta as dificultades excepcionais relacionadas coa escaseza de profesionais médicos de familia. Participaron neste proceso 355 persoas aspirantes, para cubrir un total de 106 prazas das que vinte e unha delas corresponderon a Ourense.

Publicidad

Precisamente é Ourense a provincia co maior número de Centros de Saúde e PACs de Galicia, mais dun centenar, 14 PACs e dúas Zonas Especiais de Garda e, deles, 60 centros cun único médico, ademais de contar co maior número de concellos recoñecidos con condición de illamento.

Publicidad

O novo sistema para a selección do persoal médico de Atención Primaria, só por concurso sen exame, é un proceso pioneiro en España, que aposta polo concurso de méritos académicos, formativos e servizos prestados para a cobertura, con praza fixa, dos postos máis difíciles de cubrir. Trátase dun sistema máis áxil, que permite a rápida incorporación de xeito urxente, estable e permanente nos centros con maiores carencias de profesionais.