O director de Turismo de Galicia participou na presentación do evento no Barco, que se celebrará do 18 ao 20 de xullo
O director de Turismo de Galicia, Xosé Manuel Merelles, participou hoxe na presentación da oitava edición do Festival Silfest Valdeorras que se celebrará do 18 ao 20 de xullo co apoio da Xunta de Galicia no Barco de Valdeorras. Loubou esta proposta que impulsa turísticamente a comarca de Valdeorras.
“É un festival multicultural que nestes anos foi quen de mover preto de 11.000 persoas e difundir moitos dos elementos que fan única esta comarca como a natureza, o enoturismo e o Camiño de Santiago”, expresou. Neste sentido, salientou tamén este tipo de festivais como fórmula de éxito de atracción de turistas e dixo que se trata dun evento que encaixa co modelo turístico galego, ao permitir, ademais, diversificar a oferta turística no interior de Galicia.
«É unha satisfacción volver apoiar este festival que xa forma parte das actividades do verán valdeorrés», expresou Merelles, que adiantou que haberá máis acontecementos na comarca patrocinados por Turismo de Galicia, para que «Valdeorras poida ser tamén un destino interior senlleiro nese turismo de festivais no que Galicia agora mesmo se está especializando”. E puxo como exemplo o GozoFest no Monte do Gozo e outros “nos que Turismo de Galicia está, pero tamén quere estar noutros lugares para que os beneficios deses festivais cheguen a todas partes”, suliñou.
Merelles indicou que Turismo sempre apoiará este tipo de iniciativas que conforman a oferta de verán nunha comarca como Valdeorras «que precisa ter acontecementos para atraer máis visitantes”.
Agradeceu á organización a súa aposta, que «pode axudar a converter a Valdeorras como un referente no turismo de interior» e animou a aproveitar esta celebración para coñecer Valdeorras.
Xosé Merelles deu a coñecer que ven de firmar un convenio ca Deputación de Ourense para fomentar a actividade turística en Valdeorras, lembrando tamén o Plan de Sostibilidade, dotado cun millón e medios de euros, que revertirá na aposta polo turismo nesta comarca.
Pola súa banda, Jorge Álvarez, un dos organizadores do SilFest lembrou as orixes do festival, que calificou de cercano e sen aglomeracións para disfrutar de músicos de primeira liña, catas de viño, showcookings e un festival paralelo como Mini SilFest, nun ambiente incomparable e un espazo único como é o Malecón.
O alcalde, Alfredo García, dixo que obxectivo deste festival é dar a coñecer Valdeorras e felicitou á organización.
Na presentación, no entorno do río Sil no barco, estiveron tamén Margarida Pizcueta, concelleira de Cultura; Alba Rodríguez, concelleira de Turismo; Dosinda Arias do grupo popular do Concello; Patricia de Andrés, secretaria do Consello Regulador da D.O. Valdeorras e José Carlos Vilor, codirector do SilFest Valdeorras.
Desde o día 18 haberá música en directo, tanto popular como tradicional, mesturando con gastronomía que apostan pola promoción dos produtos, poñendo en valor as catas dos viños da Denominación de Orixe de Valdeorras e tamén se promoverá o patrimonio da man do Camiño de Inverno. Durante estes días haberá xogos tradicionais, actividades infantís e música a cargo, entre outros, de La Habitación Roja, Sober, Calavento, Catuxa Salom, entre outros moitos.