Marcos Martínez: «O Entrudio de Viana hai que vivilo, se vés, repites»

Publicidad

O concelleiro de Cultura anima a participar no Entroido da localidade e explica o programa desta tradición singular

Marcos Martínez, concelleiro de Cultura de Viana do Bolo, anima a visitar e coñecer o Entroido desta localidade, singular e único. «Non hai palabras para describilo, hai que vivilo, se vés, repites», di. 

Esta festa ancestral botouse a rodar o 15 de febreiro coa saída do Fulión Feminino. Proseguiu coa colga do Lardeiro, o Xoves de Compadres, a saida da Comparsa nas aldeas e a apertura da exposición «O noso Entrudio, un cachiño de cada casa», que permanecerá aberta todo o mes e que se pode visitar nas horas nas que está aberto o Concello.

«Agora ven un día potente, o Xoves de Comadres, o 27 de febreiro», di o concelleiro de Cultura, unha xornada moi especial na que haberá o desfile infantil do CEIP Bibei e Fulión IES Carlos Casares, fariñada e fulións; a colga da Lardeira e a actuación de «Unión Phenosa». E a festa seguirá o seu programa tradicional camiño do Domingo Gordo, día grande; o luns do Fulión miudo para os nenos; o martes de Entrudio con moita troula e o mércores de Cinsa co Enterro da Sardiña.

Publicidad

Valdeorras de Cerca: O Entroido de Viana do Bolo soubo conservar a súa esencia e cada ano crece mais, ¿cal é a clave, que significa o Entrudio para Viana do Bolo?

Marcos Martínez: O Entrudio é tradición. Por moito que queira explicar á xente que é o Entroido, botar fariña, disfrazarse, troula, Fulións, Boteiros, charangas… non hai palabras para explicalo. Hai que vir e vivilo, por iso cada ano os visitantes multiplícanse. As persoas que veñen, proban e repiten traendo os seus amigos. O Domingo Gordo a poboación triplícase. Se temos casi 3.000 habitantes, hai 9.000 personas en Viana. Cada ano, o Entroido ten máis tirón. De feito, as mais de 3.000 entradas que sacamos á venta para a 53 Festa dá Androlla, que se celebra ise domingo, agotáronse en dúas horas e media.

Marcos Martínez, concelleiro de Cultura, co alcalde de Viana do Bolo, Andrés Montesinos

V de Cerca: Falando da Festa da Androlla, é complicado dispoñer espazo para mais de 3.000 personas, ¿como se consegue?

Marcos Martínez: É moi complicado. Temos o pabellón de deportes onde van unhas 1.500 personas, as cociñas e todo o necesario para a festa gastronómica. É moi difícil de organizar, pero aí está o resultado. No antigo campo da feira metemos a xente do desfile. Cada ano, quere vir mais xente, pero non se pode acoller mais. No desfile do Domingo Gordo participan entre 1.100 e 1.400 personas. Hai alomenos 22 folións e, ademais, comparsas. É moita xente e a clave está na organización.

V de Cerca: O boteiro, coas súas diferentes máscaras, é espectacular, infunde respeto e medo, é un tesouro que conservouse ao longo dos tempos…

Marcos Martínez: A máscara está para abrir camiño, correr tras dos nenos e personas maiores, abrir paso os folións e carrozas. É a figura principal do Entrudio de Viana, chea de historia. Temos aberta a exposición do Entrudio que animamos a ver onde hai traxes, fotografías, máscaras que fai un recorrido pola sua esencia antigüedade. Facer un traxe de Boteiro leva moito traballo, se fai a man. A camiseta e toda de seda. E a máscara é tamén unha obra de arte.

V de Cerca: ¿Qué o máis especial do Entrudio para ti?

Marcos Martínez: O que mais me gusta e que volveu a recuperarse unha Comparsa con unha boa disputa, cuns versos que se din uns a outros. Encántame. Tamén, os traxes do Boteiro coas súas caretas. E me gusta moito o luns de Entroido, que é para os nenos, o Folión Miudo. Ver a nenos que están empezando a camiñar cun bombo nas mans e que nunca perden o ritmo como os demais, emociona. Supón a transmisión dunha tradición, que está viva, pasando de xeración en xeración. O luns de Entroido, para min, é precioso, está a plaza a tope. E símbolo de que os rapaces seguirán a tradición. Pero calquera día de Entrudio en Viana do Bolo é sempre especial.

V de Cerca: Invitas á xente a vivir o Entrudio en Viana…

Marcos Martínez: Insisto, non hai palabras para describilo. Hai que vir a vivilo para poder repetir. Aiquí están todos invitados, non hai ninguén forasteiro e incluso si queren tocar cunha gadaña, bombo ou aixada nun Folión, se lle da acceso. Non se rexeita a ninguén, sempre cumplindo as normas. Se vés ao Entrudio de Viana, repites.

V de Cerca: ¿Participarás este ano?

Marcos Martínez: Por suposto, sempre vou no Folión de Penouta-Ramilo, cada un vai no seu.