Manuel Pardo reafirma a colaboración da Xunta con AEVA

Manuel Pardo y el presidente de AEVA Carlos Terán
Publicidad

O delegado territorial da Xunta mantivo unha reunión co presidente da Asociación Empresarial de Valdeorras, Carlos Terán

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, reuniuse co presidente da Asociación Empresarial de Valdeorras (AEVA), Carlos Manuel Terán, a quen lle trasladou o compromiso da Xunta a prol da defensa dos intereses dos empresarios asociados que traballan polo desenvolvemento socio-económico da comarca de Valdeorras.

Durante o encontro, o delegado da Xunta reafirmou a colaboración con AEVA.

Pola súa banda, o presidente da asociación empresarial de Valdeorras deulle conta dos proxectos que ten previsto desenvolver o colectivo ao longo deste ano 2026.

Publicidad

Na reunión tamén estivo a nova xerente de AEVA, Cristina Rodríguez.

Un encontro produtivo para o desenvolvemento dos proxectos de AEVA.