Lalo Santos (PSOE): «Nestas eleccións eleximos aos políticos e decidimos sobre nós, Valdeorras e Galicia»

Publicidad

O candidato socialista exerceu o voto no colexio electoral «de toda a vida», instalado no «Julio Gurriarán» do Barco

O candidato número 4 das listas polo PSOE en Ourense, Eladio (Lalo) Santos, exerceu o seu dereito a voto nunha das mesas instaladas CEIP Julio Gurriarán do Barco. O fixo as 11,00 horas da mañá, ata donde chegou acompañado do alcalde, Alfredo García, e o teniente de alcalde, Aurentino Alonso.

Lalo Santos recordou que votou no colexio electoral que lle corresponde, e «de toda á vida», e que votar «é unha decisión que todos temos que ter con moita dignidade e orgullo». Ademais, engadía que «non só eleximos aos políticos, senón que decidimos sobre nós, a xente, a familia, a nosa comarca e Galicia».

Polo tanto, Lalo Santos, conclui afirmando que «é un día no que hai que decidir e implicarse porque de nós e da nosa decisión depende o noso futuro”.

Publicidad