Lalo Santos (PSOE): «Hai que parar degradación da sanidade en Valdeorras e só pódese deter o 18 de febreiro»

Publicidad

O número 4 da lista do PSdeG por Ourense fala das propostas do seu partido para a comarca

Eladio (Lalo) Santos, número 4 das listas do PSdeG-PSOE por Ourense , ten claro que o futuro de Galicia pasa por un cambio no Goberno. «Desta, vai!», «ten que ir» —di— porque «hai necesidades prioritarias que arranxar, a primeira a sanidade».

Lalo Santos, catedrático e profesor ca súa praza dende hai 23 anos no IES Lauro Olmo, afirma que «A miña intención e levar Valdeorras ao Parlamento galego», expón.

Valdeorras de Cerca: ¿Cales son os teus obxectivos, por qué hai que votar ao PSOE nas próximas eleccións?

Publicidad

Eu creo que a mellor noticia para Galicia, e sobre todo para Valdeorras, é que o PP non consiga gobernar despois do 18 de febrero, dende o punto de vista de tódolos ámbitos, social, económico e de convivencia. Nos ofertamos o noso proxecto socialista, que nace precisamente do territorio. Para facer o noso programa e proxecto, recabamos información concello a concello, de todos os alcaldes e alcaldesas. A partir de aí elevamos as propostas a unha convención e xeneramos respostas para atender a demanda de cada concello. O procedemento é detectar problemas e aportar solucións. Creemos que hai moitos problemas en Galicia y especialmente en Valdeorras.

V de Cerca: ¿Cal é o principal problema agora mesmo en Valdeorras?

O primeiro e manifiesto e a sanidade. O Hospital comarcal de Valdeorras está nun proceso de degradación desde hai 15 anos, tempo no que levamos con pérdida de servizos constantes, falta de especialidades, onde a administración do PP non toma medidas para corrixir defectos. Esto lévanos a pensar que ao PP non lle importa o Hospital de Valdeorras, non ten interese. Por iso digo que a mellor noticia é que deixe de gobernar o PP e que gobernemos nos, os socialistas, pois sí que imos apostar polo Hospital de Valdeorras e pola sanidade pública. Somos o partido que impulsou os servizos públicos neste país.

V de Cerca: Falemos da sanidade…

Os datos do Hospital de Valdeorras son demoledores. Hai un 30 por cento menos de intervencións quirúrxicas e de hospitalización que hai cinco anos; aumentou a derivación de pacientes a Ourense e non hai especialidades. Estou seguro de que calquera persona viviu o feito de ter un familiar cunha dolencia, acudir ao Hospital, que non o atendesen e que tivera que ir a Ourense e hospitalizasen alí. Esto é un trastorno para o paciente e os familiares. Desplazarse ata a cidade e asumir un enorme gasto para estar co paciente durante o tempo de ingreso. Eso non so é perder calidad asistencial, non só é unha cuestión puramente administrativa, eso é pobreza.

Se non cuidamos a sanidade pública, aumenta a pobreza. Hai casos de xente que perdeu o deixou o traballo por atender un familiar hospitalizado en Ourense. Eso trae pobreza. E a pobreza trae desigualdade. Porque haberá quen diga que entón vaise a un centro privado, pero serán os que poden. Contra esto non se pode deixar de loitar e temos a oportunidade de cambialo o 18 de febreiro.

O Partido Popular non é que non saiba xestionar o Hospital Comarcal de Valdeorras, senón que o seu proxecto é desmantelalo. Levamos 15 anos de pérdida de xestión e servizos pero tamén son 15 anos de protestas de todo tipo, incluidas de médicos. Esto hai que paralo e depende dos votos do próximo 18 de febreiro.

V de Cerca: Outras necesidades en Valdeorras ¿son?

Prometeron un plan de recuperación para as zonas que sufriron os incendios en 2022 e os nosos alcaldes non saben nada dese proxecto, non se fixo nada. E nos montes da nosa contorna, concretamente no Barco, o único que se fixo foi propaganda. As indemnizacións que se deron son individuais, non vinculadas a poblar de novo, de tal xeito que moitas cicatrices dalgúns pequenos núcleos rurais que arderon van quedar para sempre. Quedan cicatrices porque non lle interesa ao PP fixar poboación, loitar contra o reto demográfico e pensar no territorio. Valdeorras no lle importa ao PP, no interesa.

V de Cerca: ¿Qué planes ten o PSOE en turismo?

Eu fun concelleiro de turismo e vivín a falta de interés da Xuna do PP por Valdeorras, incluso con descortesías. Foron os concellos os que conseguiron, sin axuda do goberno do PP, acudir a unha convocatoria do Goberno central para conseguir un Plan de Sostenibilidade Turística, dotado dun millón e medio de euros. A Xunta do PP non puxo nin un euro, aínda que o venda. Hai eventos turísticos en Valdeorras nos que non aporta económicamente nada. O Camiño de Inverno foi o último en ser sinalizado, priorizaron outros territorios, sinalizaron por onde lles deu a gana e houbo que volver a sinalizar.

V de Cerca: ¿Qué ofrece o PSOE?

Temos un proxecto para garantizar unha sanidade digna, estabilizando as plantillas de profesionais, e mellorando a capacidade de autoxestión do hospital. O PP soluciona os problemas desde arriba sin baixar ao territorio. E así non se fan ben as cousas. En turismo, acollerémos aos plans como o de sostibilidade. Haberá axudas ao comercio e bonificacións para contratar personal, entre outras.

V de Cerca: ¿Cómo valoras personalmente ser o número 4 de lista do PSOE por Ourense?

Estou moi contento. Son profesor desde hai 23. Estou no cume da miña carrera profesional pois son catedrático de ensinanza secundaria y teño a miña vida resolta. Pero o meu compromiso é con Galicia e Valdeorras. Non debo ningún favor a ninguén. É un paso que dou porque quero cambiar Galicia e Valdeorras, quero ir ao Parlamento coa axuda dos valdeorreses, se teñen a ben votarme, e despois volver aiquí e mostrarme ante eles, escoitar as súas reivindicacións e tentar solucionalas. Porque eu vivo aiquí, no Barco, sempre vivirei aiquí.