José Quiroga Suárez recibe este venres o recoñecemento como fillo predilecto da provincia de Ourense a título póstumo

Publicidad

O acto será presidido polos presidentes da Xunta e da Deputación, Manuel Baltar e Alfonso Rueda no Pazo provincial ourensano

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, e o presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, copresiden o venres 10 de febreiro o acto de entrega do título de fillo predilecto da provincia de Ourense a título póstumo a José Quiroga Suárez (Petín, 1920 – A Rúa, 2006), presidente da Xunta de Galicia entre 1979 e 1982. O acto terá lugar no salón de plenos do Pazo Provincial en Ourense ás 12 da mediodía. 

O presidente provincial, Manuel Baltar, acordou impulsar este expediente de honra en xaneiro de 2022 despois dunha reunión no Pazo Provincial coa alcaldesa de Petín, Raquel Bautista, o alcalde da Rúa, Álvaro José Fernández, e o senador Miguel Bautista.  

Manuel Baltar resaltou naquela data a transcendencia de José Quiroga como unha figura vital no desenvolvemento do autogoberno galego e a consolidación da institución autonómica, suliñando o recoñecemento como moi merecido. Dixo que foi unha idea tamén acreditada polo senador Miguel Bautista, sendo un homenaxe froito da cooperación interadministrativa que transcende as dinámicas partidistas.

Publicidad