20.2 C
O Barco de Valdeorras
lunes, agosto 24, 2026
Publicidad

Gran participación na «Cea das Perseidas» en Rubiá

Publicidad

Foi organizada pola Asociación O Regueiral e sentou a cear baixo as estrelas a 170 personas

O venres 21 de agosto tivo lugar a IV edición da «Cea das Perseidas», organizada pola Asociación O Regueiral de Rubiá que reuniu a 170 veciños e veciñas para cear baixo as estrelas.  A organización amosou a súa ledicia e agradecemento pola boa acollida que tivo.

A boa resposta da veciñanza permite reanudar no mes de outubro os talleres de «Memoria» e «O Fiadeiro», actividades de balde, entre outras de carácter deportivo, artístico e cultural que dan vida ao pobo e amenizan o longo inverno, sobre todo as destinadas aos maiores.

A directiva destacan ademáis que este éxito non sería posible sen a colaboración de empresas e tendas da zona (Carnicería Lupe, Mel O Marquesado, Maderas Manuel Núñez, Supermercado Trastos, Librería Teresita e Farmacia Rubiá) así como do Concello de Rubiá e Amalia Pulpería, que facilitaron a xestión, para culminar a velada cun sorteo de produtos artesanais.

Publicidad

«Esperamos poder seguir ofrecendo por moitos anos máis este tipo de espazos de encontro, unión e diversión e convidamos a que esteades pendentes das redes para próximos encontros (@asociacion_o_regueiral)», concluiu a organización.

Unha Cea das Perseidas que deparou grandes momentos, un encontro entre a veciñanza e axuda a desenvolver o labor social da asociación O Regueiral, clave para a dinamización de Rubiá.