O alcalde Germán García-Ávila e o concelleiro Isaac Pérez presentaron a programación
O Concello de Viana do Bolo presentou o programa do seu Entrudio, que comenza o 31 de xaneiro ata o 18 de febreiro, presentación na que estivo o alcalde, German García-Ávila, e o concelleiro Isaac Pérez.
Isaac Pérez explicou que son tres os cartaces que anuncia o Entrudio, o de Estela, ao que se lle da continuidade, o do Entrudio e o concurso infantil e outro alusivo a Festa de Interese Turístico Nacional dos tres Entroidos de Viana, Vilariño e Manzaneda.
Como novidade o Domingo Gordo actuará o grupo América de Vigo, para «que a xente non marche despois da festa da androlla», explicou Isaac Pérez.
«Tamén imos intentar a que a xente se anime a participar no desfile coas carrozas, incrementando os premios, para que non sexa tan monótono», engadiu.
Pola súa banda, o alcalde, Germán García-Ávila, sinalou que Jorge «Minas» está ao pe do cañón como todos os anos na organización do Entrudio, unha festa «que se vive con intesidade e forma parte da idiosincrasia do pobo. O que pretendemos é tratar de revitalizala e darlle un pulo. Non é fácil porque é unha festa que xa acadou a excelencia e mellorala é moi complexo, si acaso pequenos detalles para facela máis vistosa. Tal e como é, a festa pouco ten que mellorar».
O alcalde de Viana do Bolo dixo que «queremos que a xente participe. Hai xente que cre que o Entrudio hai que encapsulalo pois pensa que calquer cousa externa pode estropear a esencia do Entrudio, pero eu penso que non é necesario encapsulalo, que o pobo densenvolve ista tradición según o costumes que sempre existiron. Que veña xente de fora non vai vicialo para nada, ao contrario. O Entrudio hai que espallalo e canta máis xente nos visite, moito mellor«.
Germán García-Ávila lembrou que o Entrudio de Viana agora é Festa de Interese Turístico Nacional, de tal que xeito que «imos ser máis visibles pero tamén van a estar máis atentos a nós e trataremos de cometer os menores erros posibles para que o Entrudio cada vez se mellore máis»
O rexedor dixo que estará en Fitur este venres 23 de xaneiro, onde se presentará o Entrudio de Viana do Bolo, Vilariño de Conso e Manzaneda.
Finalmente, agradeceu o esforzo realizado por Isaac Pérez e Jorge Minas pola implicación na programación para que todo «salga moi ben».
Programa: Tradición, boteiros, fulións e moita música
31 de xaneiro: Saída do Fulión Feminino desde O Toural á Praza Maior, ás 12,00 da mediodía, xornada na que haberá un DJ e charanga.

2 de febreiro
Inaugúrase a exposición «O Noso Entrudio» ás 19,00 horas na sala de exposicións do Concello.
5 de febreiro: Xoves de Compadres, colga do Lardeiro
O Xoves de Compadres será a colga do Laredeiro na Praza Maior. Os fulións recorrerán Viana do Bolo e haberá unha fariñada e música.
7 de febreiro
As comparsas visitarán distintas localidades. A partir das 11,00 horas irán á aldea de San Mamede e pola tarde, a Pradocabalos. Haberá fariñada e fulións.
12 de febreiro: Xoves de Comadres
O Xoves de Comadres colagarase á lardeira a partir da medianoite. Antes, pola mañá, habera desfile do alumnado do CEIP Bibei e fulión do IES Carlos Casares, as 11,00 horas. Pola tarde, unha charanga recorrerá bares e a Praza Maior e ás 20,00 horas haberá fariñada e fulións, ademáis de moita música.
14 de febreiro: Sábado de Entrudio
Pola mañá, saida de comparsas en Quintela de Edroso e pola tarde estarán en Pinza. Haberá fariñada, fulións e música.
15 de febreiro: Domingo Gordo
Será o desfile central do Entruido con fulións, boteiros e carrozas, a partir das 11,30 horas. Despois chegará a 54 edición da Festa da Androlla, ás 15,00 horas. Pola tarde noite actuará o grupo América de Vigo, a partir das 20,00 horas.

16 de febreiro: Luns de Entrudio
Haberá desfile do fulión infantil, as 16,30 horas, seguido de xogos, animación e música. As 20,00 horas sairá o «Fulión trapalleiro».
17 de febreiro: Martes de Entrudio
Fulións e boteiros percorren as rúas. Vermú en Cabo da Vila. Pola tarde haberá fariñada, «fulións» e cena das personas que dan vida ao Entrudio. Á medianoite será a queima do lardeiro e da lardeira.
18 de febreiro: Mércores de Cinza
Procesión do Enterro da Sardiña e sardiñada popular no barrio Cabo de Vila para despedir o Entrudio.












