Gastromímate: Pratos de outono con bo viño no Barco

Publicidad

O concurso de maridanza que organiza AEVA comenza hoxe ata o 11 de decembro con propostas que o público pode votar

Comenza o II Concurso de Maridanza «Gastromímate, unha ponte de sabores», organizado por AEVA, na que oito establecementos de hostalaría da comarca de Valdeorras ofertan unha maridaxe dun prato elaborado con produtos de outono e de proximidade cun viño da DO Valdeorras.

O concurso desenvólvese entre os días 5 e 11 de decembro. Nos locais participantes ofrecerán a súa fusión de viños tintos ou brancos cunha proposta natura elaborada para a ocasión a modo de prato, ración ou brunch, doce ou salgado, con produtos de tempada e proximidade como setas, cabaza, castañas, noces ou mel.

A oferta dos oito establecementos participantes é a seguinte:

Publicidad

BAR SAN ROQUE

  • Tenreira do San Roque: tenreira guisada á mencía con castañas. 
  • Maridado con Alán de Val, mencía
  • Prezo: 6€ ración e  copa de viño
  • Horario no que se serve o prato: desde as 20:00 ata fin de existencias

AGARIMO TAPERÍA

  • Ración Agarimo: zamburiñas con brocheta de cabaza
  • Maridado con  godello A Coroa 
  • Prezo: 6,50€ ración e copa de viño.
  • Horario no que se serve o prato: de 13:00 a 15:00 e de 19:30 a 21:30

O BURACO

  • Costela O Buraco: costela de porco ao viño tinto con puré de castaña e pataca e cabaza e verduras 
  • Maridado con: Loanza tinto crianza, de Adega A Bágoa
  • Prezo: 6,00 € ración e copa de viño
  • Horario no que se serve o prato: de 20:30 h a 23:00

CAFÉ TEATRO BAJO 5   

  • Petisco da Terra Valdeorresa: empanadillas caseiras con masa de níscalos e recheo de porco caramelizado con castañas. 
  • Maridado con Alán de Val Escada, garnacha tintoreira
  • Prezo: 7 € ración e copa de viño
  • Horario no que se serve o prato: de 19:00 a 21:00

ALPHA RAÍCES 

  • Risotto de faba loba: risotto empedrado con faba loba e botelo, coca de niscalo e vexetais da horta galega
  • Maridado con viño Bancales de Roandi, mencía, sousón e albarello criado en barrica.
  • Canelón de polo redbro: canelón fritido de polo redbro, cabaza, castaña e coliflor
  • Maridado con Brinde de Roandi, espumoso godello
  • Prezo: 7,50€ ración e copa de viño
  • Horario no que se serve o prato: de luns a venres de 20.30 a 23.00; fin de semana de 13.00 a 15.00 e de 20.30 a 23.00

CERVECERÍA 13/14

  • Crema de outono: crema de castaña con cogomelos, xamón e picatostes
  • Maridado con Casal Novo, mencía
  • Prezo: 6€ ración e copa de viño
  • Horario no que se serve o prato: 19:30 a  22:30

MURO DEL MALECÓN

  • Entrecosto outonal: Entrecosto de tenreira en salsa de cogomelos
  • Maridado con Alán de Val, mencía
  • Prezo: 6€ ración e copa de viño
  • Horario no que se serve o prato: de 19:30 a 22:30

CAFETERÍA FERNANDO III

  • Proposta mariñeira: ventresca de bacallao con froitos do mar e cogomelos
  • Maridado con Bancales de Roandi, mencía, sousón e albarello criado en barrica.
  • Prezo: 8 € ración  e copa de viño
  • Horario no que se serve o prato: de 12:30 a 14:00 e de 20:00 a 21:30

Os locais participantes estarán identificados nun mapa e tamén cun indicativo no local. Disporán dunha urna para o voto do público entre os días 5 e 9 de decembro, incentivando a participación cun premio tamén para os clientes que degusten a maridanza e a voten e que consiste en tres tarxetas regalo ValdeCASH un lote de viños da D.O. de Valdeorras.

Tralo voto do público, o sábado día 10 un xurado profesional visitará os seis establecementos finalistas, aqueles con máis puntuación do público, para avaliar as maridanzas propostas e valorará o emprego de produtos gourmet de proximidade, como os queixos, embutidos, aceites  ou licores da comarca, ademais dos viños da Denominación de Orixe Valdeorras que integrar a proposta. O día 11 será a entrega de premios.