As R(h)umorosas puxeron «humor, música e memoria en feminino»
«Entre Covas», o festival que fusiona artes escénicas e viño, que organiza a Asociación Ruta do Viño de Valdeorras coa colaboración de Turismo de Galicia e da Diputación de Ourense, clausurouse en Petín. A seguda edición deste evento revalidou o seu éxito como dinamizador do enoturismo, o verán e a cultura.

As R(h)umorosas (Ledicia Sola, Carmen Méndez e Marta Doviro) puxeron «Humor, música e memoria en feminino» nesta cita que contou coa participación de medio cento de personas.


A visita percorreu tres covas do barrio de Santiago de Petín: a de Gelito, a de Xurxo e a de Salva. Despois, chegou o espectáculo, que foi na adega Terriña (Méndez-Rojo).

Seguiu unha degustación de viños e pinchos, con produtos de empresas asociadas á Ruta do Viño, cunha boa velada.

«Entre Covas» tivo tres eventos: en Seadur (Larouco) en xuño; nas Pinguelas (A Rúa) e en Petín, este mes de agosto.
Un festival que terá continuidade.
