Eladio Santos visitou Maderas Manuel Núñez, en Rubiá

Publicidad

A empresa valdeorresa resultou beneficiaria do programa Kit Consulting do Goberno, que ofrece axudas económicas a entidades con menos de 250 traballadores para incrementar o emprego de tecnoloxías dixitais

Publicidad

O subdelegado do Goberno en Ourense, Eladio Santos, visitou esta mañá Maderas Manuel Núñez, en Rubiá de Valdeorras, unhas das empresas beneficiarias do Programa Kit Consulting posto en marcha polo Goberno de España, coa finalidade de aumentar o emprego das tecnoloxías dixitais e a competitividade de empresas de entre 10 e menos de 250 traballadores.

Kit Consulting é un programa de axudas do Goberno, xestionado por Red.es dotado cun orzamento que foi incrementado ata acadar este pasado mes de novembro os 270 M€, financiado polo Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia de España a través de los fondos Next Generation EU

Publicidad

A distribución do mesmo entre os tres segmentos de entidades beneficiarias está distribuído de forma que as empresas con entre 10 e menos de 50 traballadores poden recibir unha axuda máxima de 12.000 euros (repartíndose 160.000 euros entre este grupo); as de entre 50 e menos de 120 empregados recibirán ata 18.000 euros cada unha (dos 60.000 euros asignados en total a este tipo) e as empresas de entre 100 e menos de 250 traballadores recibirán como máximo 24.000 euros  (repartíndose un total 50.000 euros neste segmento).

Publicidad

Maderas Manuel Núñez, creada en 1992, foi unha das beneficiarias do primeiro grupo. Con 14 traballadores subministra madeira non só para o sector da lousa de Valdeorras, no que é un referente, senón noutros puntos do territorio nacional e

internacional. Trátase dunha entidade que aposta firmemente pola robotización e dixitalización, para o que se mantén atenta ás axudas estatais neste eido. Por iso,ademais de mellorar a súa competitividade con esta recente subvención, tamén se acolleu a outros programas do Goberno para a instalación de paneis solares para subministración enerxética e adquisición de material dixital.

Pola súa banda, grazas ao Kit Consulting mellorará a súa xestión e ciberseguridade, optimizará os seus recursos, o control de stocks e o tratamento de provedores.

Durante a súa visita, o subdelegado do Goberno estivo acompañado de Manuel Núñez e Raquel, propietarios da empresa, da que destacou que é “unha industria da madeira moi vencellada ao territorio, que son as que se precisan no mundo rural e isto permite que haxa explotación forestais, postos de traballo e creación económica no rural ourensán grazas aos propios recursos do mesmo”.