Eladio Santos (PSOE) reuniuse con AEVA para escoitar as súas demandas e impulsar melloras

Publicidad

O número 4 da candidatura socialista trasladou á presidenta da Asociación de Empresarios os proxectos do PSdeG para Valdeorras

A candidatura do PSdeG-PSOE de Ourense ao Parlamento de Galicia mantivo un encontro esta tarde coa Asociación Empresarial de Valdeorras, na que estiveron presentes o candidato, Eladio Santos Martínez e a presidenta de AEVA, Araceli Fernández del Palacio. O número 4 da candidatura socialista tomou nota das principais reclamacións en materia empresarial por parte da máxima representantes dos empresarios da comarca.

Eladio Santos Martínez apunta que durante o encontro “trasladámoslles aos e ás empresarias os nosos proxectos para mellorar a situación na comarca, tanto en materia económica, como sanitaria, educativa, de emprego e de mellora de infraestrutura”. Neste senso, o candidato socialista fixo fincapé nas melloras impulsadas dende o Goberno “na liña ferroviaria con Monforte e Ourense; as bonificacións das cotizacións sociais ao pequeno empresario, a suba do salario mínimo interprofesional; ou as melloras nas comunicacións, coa reclamación para a mellora da N-120 coa creación de novos tramos cun terceiro carril de adiantamento”.

Santos Martínez tamén pon o foco na necesidade de mellorar as comunicacións entre A Rúa e A Gudiña, un proxecto que os e as socialistas levan no seu programa, xa que o consideran “vital para unir a comarca co AVE e reducir os tempos de desprazamento”.

Publicidad

A presidenta de AEVA trasladoulle ao candidato socialista ao Parlamento de Galicia a necesidade de “seguir mellorando a comunicación por tren; solucionar as deficiencias no transporte por autobús a estación do AVE da Gudiña; apostar pola formación activa para impulsar ao mercado novos profesionais nos diferentes sectores nos que hai carencias na comarca; ou a mellora de diferentes estradas”.

PSdeG-PSOE e AEVA tamén coinciden na necesidade de impulsar un consorcio de turismo entre tódolos concellos da comarca, unha demanda “histórica” dos e das socialistas para facilitar a obtención de axudas e potenciar o turismo na comarca. Este é un dos proxectos claves da candidatura socialista na comarca.