«Do río ao mar, Palestina vencerá»

Publicidad

O Barco acolleu unha concentración en apoio do pobo palestino

Galiza con Palestina. Do río ao mar, Palestina Vencerá». Deste xeito remataba a concentración convocada no Barco de Valdeorras en apoio do pobo palestino.

O acto contou ca lectura dun manifesto que comenzou así: «Hoxe voltamos ás rúas en convocatorias en 24 localidades galegas cando se cumpren tres meses de matanza e destrución planificada e sistemática. Tres meses deixando cadáveres de civís nas rúas e baixo os cascallos da Faixa de Gaza e tamén noutras áreas da Palestina ocupada. Tres meses contando crianzas asasinadas por millares, hospitais destruídos, escolas arrasadas, templos, infraestrutura
básica e instalacións comunitarias inutilizadas. Tres meses desde que Israel se declarou cego e xordo diante de calquera limite».

Publicidad

Proseguiu argumentando que «os pobos do mundo levamos este tempo saíndo ás rúas para dicir que non estamos dispostos a aceptar a barbarie como norma, que non assumimos a propaganda sionista e que tampouco imos esquecer o silencio de quen nos goberna e a súa complicidade co ente xenocida israelita».

Publicidad
Publicidad

E puxo de manifesto que «o noso recoñecemento ten que ser, por riba de todo, para o pobo irmán da Palestina. Para a súa negativa a baixar os brazos e a se deixar aniquilar. Pola súa forza para se sobrepor ao monstro sionista. Pola súa resistencia, capaz de tirar a carouta do rexime racista e colonial israelita e desvendar o verdadeiro rostro dos seus aliados europeos e estado-unidenses. A loita da Palestina é unha loita por sobreviver e pola súa propia soberanía, mais tamén é unha loita antiimperialista e pola vida».

Haberá novas convocatorias para o día 24 en diferentes localidades galegas en apoio a Palestina «contra o estado de Israel e a súa política xenocida».