Día de la Mujer en O Barco: «Máis feminismo, mellor democracia»

Publicidad

La Praza do Concello de O Barco fue el escenario de la conmemoración del Día de la Mujer. Aquí, se procedió a la lectura de manifiestos por parte de alumnado del municipio, concretamente el IES Lauro Olmo, IES Martaguisela y Colegio Divina Pastora, además del manifiesto institucional consensuado por los grupos de la Corporación.

El concejal de Servicios Sociales, Igualdad y Sanidad, Orlando Saavedra, fue la persona que se encargó de la presentación y de invitar a cuantos colectivos quisieran pronunciarse en este día- Y así lo hicieron dos representantes del sindicato CCOO Valdeorras, quienes destacaron la importancia del feminismo en el sindicalismo y hablaron de la realidad laboral de las mujeres.

«Estamos hartas de escuchar que luchamos por la libertad, ¿pero qué queremos realmente?, Queremos lo que es nuestro y lucharemos para conseguirlo. No es una lucha justa, pero no porque seamos más débiles sino porque partimos con desventaja. Esto no nos detiene, sino que nos hace más fuertes», decía una mujer durante la lectura del manifiesto.

Publicidad

Margarida Pizcueta leyó el manifiesto de la Corporación, que se resume así:

A igualdade é unha cuestión de calidade democrática e tamén de benestar para as persoas. Pero ese benestar non pode producirse só a costa dunha parte da sociedade.

As mulleres non somos un colectivo, somos a metade da humanidade, e por tanto, a desigualdade e a opresión que sufrimos por ser mulleres golpea directamente ao corazón das nosas democracias e impide o desenvolvemento pleno da nosa condición de cidadanía.

Desde 2020 a pandemia amosounos as costuras do noso Estado do Benestar, deixounos ben visibles as desigualdades aínda existentes nos traballos de coidado doméstico e na precariedade do emprego das mulleres.

A pandemia puxo aínda máis en evidencia o problema que supón para moitas familias poder conciliar a vida persoal e familiar coa laboral, cunha incidencia específica nas mulleres ao sermos as responsables maioritarias do coidado familiar.

Este Concello, os grupos políticos que o representamos apoiamos todas as políticas públicas dirixidas a pechar as fendas de desigualdade que aínda temos pendentes: a laboral e salarial, a fenda dixital ou a desigualdade no ámbito da corresponsabilidade.

Desenvolver políticas que fomenten a corresponsabilidade ten un impacto profundo na igualdade, pero tamén, como é lóxico, na economía e na calidade da sociedade.

O ansiado cambio de paradigma no social, no laboral pero tamén no ámbito dos coidados debería condicionar as accións políticas e económicas futuras.

Diante desta situación, que manifesta un escenario pouco alentador sobre a necesaria xestión corresponsable dos coidados, as Administracións Públicas debemos focalizar os nosos esforzos en asegurar políticas que favorezan que a carga de traballo non remunerado, doméstico ou de coidados, sexa compartida por todos os membros da familia, con obrigas non diferenciadas por sexo. De non facelo, o dereito a traballar fóra da casa seguirá sendo imposible para un gran número de mulleres.

Desde o Concello do Barco impulsaremos, no marco das competencias municipais, medidas de sensibilización e fomento da corresponsabilidade nos coidados e tarefas domésticas, medidas encamiñadas á concienciación da necesidade de variar os roles e estereotipos tradicionais.

Por outra banda, para unha sociedade democrática é inaceptable que as mulleres vivan con medo, ameazadas ou sufrindo torturas. O noso compromiso é firme e sabemos que a erradicación da violencia machista ten que ser un compromiso de país.

Tamén, un ano máis, esiximos a necesidade de lexislar contra a prostitución e a trata de mulleres e nenas con fins de explotación sexual.

Este 8 de marzo o feminismo celebra todos e cada un dos éxitos e achegas que se acadaron no noso país.  Logros que parecían imposibles, pero que co tempo acabaron converténdose en cuestións  de puro sentido común para as vindeiras xeracións. Logros que fixeron do noso país, un país máis digno e máis libre.

O concello do Barco, os seus grupos políticos con representación nel, somos conscientes de todo o camiño que queda por percorrer ata a igualdade plena e efectiva das mulleres.

Con compromiso e traballo seguiremos avanzando na conquista e defensa dos dereitos das mulleres.

¡Máis feminismo, mellor democracia!

Viva o 8 de marzo!