13.4 C
O Barco de Valdeorras
jueves, junio 11, 2026
Publicidad

«De oficio, pastores»: o encontro en Castiñeira (Vilariño) que reivindicará o patrimonio vivo do pastoreo

pastores, Castiñeira (Vilariño de Conso)
Publicidad

Será o 16 de xuño organizado por a cooperativa Outonía a través do seu Laboratorio Mutante

O vindeiro 16 de xuño ás 22:00 horas, a Casa do Pobo de Castiñeira (Vilariño de Conso) acollerá a xornada «De oficio, pastores. Pastoreo, curros e patrimonio inmaterial da Serra», un encontro aberto á veciñanza e ao público en xeral co obxectivo de poñer en valor a cultura do pastoreo e a memoria comunitaria vinculada ao monte.

A iniciativa propón un espazo de diálogo e intercambio de saberes arredor das prácticas tradicionais do pastoreo, os curros e o coidado do territorio, entendidos como elementos fundamentais do patrimonio inmaterial da Serra e do Macizo Central. A actividade pretende reunir persoas con experiencia directa no oficio, así como a aquelas interesadas en coñecer ou recuperar as historias e coñecementos ligados a este modo de vida.

A través desta xornada, búscase visibilizar o papel das persoas pastoras na conservación do territorio, así como reflexionar sobre a continuidade destas prácticas nun contexto marcado polos cambios ambientais e sociais.

Publicidad

O encontro forma parte dun proxecto promovido por Outonía S.Coop.Gal, a través do seu Laboratorio Mutante, e conta co apoio da Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC), do Ministerio de Cultura e a colaboración do Concello de Vilariño de Conso.

A actividade está aberta a todas as persoas con interese, lembranzas ou vínculos coa Serra, ofrecendo unha oportunidade única para compartir experiencias, recuperar memoria colectiva e fortalecer a conexión co territorio.