Comenza a nova campaña de inmunización fronte ao virus sincitial (VRS) para previr hospitalizacións nos lactantes

Publicidad

No Hospital de Valdeorras xa foron citados os primeiros bebés para a vacinación

A Xunta, a través da Dirección Xeral de Saúde Pública, comenzou este luns 22 de setembro unha nova campaña de inmunización fronte ao virus respiratorio sincitial (VRS) co obxecto de previr as hospitalizacións por este virus nos lactantes.

Esta protección introduciuse en Galicia de modo pioneiro no 2023, permitindo a redución das hospitalizacións en máis do 90% por esta infección nos nenos e nenas inmunizadas.

No hospital de Valdeorras xa foron vacinados hoxe tamén os primeiros bebés.

Publicidad

Así, o día 22 comezará a administración nos hospitais para todos aqueles bebés que nazan ata o fin da campaña en marzo de 2026. 

O mesmo día iniciarase a citación de bebés prematuros menores de 12 meses e lactantes con alto risco de enfermidade grave por este virus que sexan menores de 24 meses.

Unha semana despois, a partir do luns 29 de setembro a Consellería de Sanidade convocará tamén de forma activa os menores de seis meses que naceron fóra da campaña, é dicir, entre o 1 de abril e o 21 de setembro de 2025.

A inmunización fronte ao virus que causa a bronquiolite foi administrada a 12.719 nenas e nenos na pasada temporada. Isto representa o 100 % de bebés con factores de risco, o 91,74 % no caso dos recaptados en 2024 e o 98,27 % dos bebés nados durante a última campaña.