Cochorro abriu a súa exposición «Reencontro» no «Marcos Valcárcel»

Publicidad

O escultor de Rubiá rencóntrase co centro cultural ourensán e co material da madeira nesta mostra

O escultor valdeorrés Cochorro (Luis Fernández González) inaugurou a exposición “Reencontro” no Centro Cultural Marcos Valcárcel traendo ao espazo expositivo da Deputación as súas esculturas máis recentes dende a comarca de Valdeorras.  

Esta exposición supón o reencontro de Cochorro co Marcos Valcárcel -onde expuxo hai trece anos- e tamén coa madeira, un material que nos últimos anos fora deixando paso ás obras en pedra, basicamente  mármore de Biobra. 

A súa comarca, as paisaxes de Valdeorras e de Rubiá, os montes cheos de lousa e mesmo os grandes incendios do ano 2022 forman o corpus inspirador dos traballos deste escultor de longa traxectoria, que decidiu quedar apegado á terra e dende alí xerar un proxecto creativo moderno e innovador. 

Publicidad
Publicidad

O deputado de Representación Institucional, Rosendo Fernández, puxo en valor na inauguración da mostra, a aposta da Deputación polos creadores locais para divulgar a súa capacidade artística. Pola súa banda, o artista agradeceu á Deputación o compromiso da institución provincial coa cultura e, en especial, cos artistas ourensáns. 

 “A linguaxe de Cochorro escórase cara a unha corrente de formalismo sintético, onde sen prescindir absolutamente das referencias figurativas ao corpo humano, ás formas dos elementos naturais, plantas e animais, ou ao da propia paisaxe na que vive, logra esquematizar xeometrías expresivas”, sinala o crítico Fernando Ferro.