Clausura do Obradoiro de Emprego Embelece II de O Barco, Petín e Vilamartín

Publicidad

Un total de 17 participantes recibiron o diploma da formación, que durou un ano

O Salón de Actos do Edificio Multiusos do Concello do Barco acolleu a clausura do Obradoiro dual de Emprego Valdeorras Embelece II, dun ano de duración. A subvención concedida para este proxecto foi de 503.987 euros, o que permitiu a formación de 20 alumnos-traballadores durante un período de 12 meses, dos que 17 recibiron esta mañá o diploma de participación, ao non rematar tres a formación por diferentes circunstancias.

Na clausura celebrada este mañá estiveron presentes, ademais dos alumnos traballadores, os profesores e persoal administrativo, os alcaldes dos tres municipios que colaboran neste proxecto, Alfredo García, alcalde do Barco,
Enrique Álvarez Barreiro, de Vilamartín, e Raquel Bautista, de Petín, e o xefe territorial da Consellería de Promoción do Emprego e Benestar, Yago Borrajo Sánchez.

Publicidad

Os catro coincidiron en calificar de “moi satisfatoria” esta acción formativa, e tamén valoraron moi positivamente o traballo desenvolvido durante os últimos doce meses polos participantes no obradoiro, tanto alumnos como profesores. Asimismo, mostraron o seu desexo de que as 17 persoas que hoxe recibiron o seu diploma acreditativo da formación recibida “atopen un traballo que lles satisfaga, acorde co aprendido neste obradoiro”.

Publicidad

Dos 17 alumnos que recibiron o seu diploma, todos eles residentes no Barco, Vilamartín e Petín, 10 corresponden ao módulo de actividades auxiliares en viveiros, xardíns e centros de xardinería, e 7 ao de traballos de carpintería e moble.

Publicidad

No municipio do Barco de Valdeorras realizáronse traballos de acondicionamento de zonas axardinadas no casco urbán, bancos de madeira, valado de parques infantís e cobre contedores.

Publicidad

En Vilamartín de Valdeorras o obradoiro realizou tarefas de acondicionamento das zonas axardinadas na contorna do Bañadoiro, valado de parques infantís, plantación de árbores froiteiras e de sombra, bancos de madeira, cobre contedores e poda en xardíns de diversos núcleos do municipio.

En Petín o obradoiro empregouse no acondicionamento das zonas axardinadas nas piscinas, o acondicionamento de zonas axardinadas na praza de Petín, plantación de árbores xunto ao muro do cemiterio de Petín, acondicionamento e valados de parques infantís, peche en praza da Portela, bancos de madeira e poda en xardíns de diversos núcleos domunicipio.