O actor barquense pronuncia o pregón este venres 29 de maio as 19,30 horas no Barco
Christian Escuredo pronunciará o pregón de a XXVII Feira do Viño de Valdeorras este venres 29 de maio, ás 19.30 horas, no paseo do Malecón (Campo da Festa) do Barco, durante a inauguración deste importante evento.
O actor e cantante Christian Escuredo anima a disfrutar durante este fin de semana da Feira do Viño.
Valdeorras de Cerca: ¿Que significa para ti ser o pregoeiro da Feira do Viño?
Christian Escuredo: é un orgullo. Faime moita ilusión. Non é a primeira vez que son pregoeiro, influso o fun nas Festas do Cristo do Barco de hai uns anos, pero esta festa e feira me ilusiona especialmente. É verdade que hai certa presión, no senso de que o público ao que te dirixes non deixan de ser os teus veciños e veciñas, amigos e familia que me viron crecer, e ao dirixirte ao que te coñece estás máis «vulnerable».

V de Cerca: ¿Que cualidades ten a Feira do Viño, cada vez e mais coñecida?
Christian Escuredo: A Feira do Viño e moi importante para nós, non so polo que significa o viño, o que provoca en cada persona, senón porque leva detrás un compoñente cultural. A D.O. Valdeorras xa ten 80 anos e hai unha cultura na nosa zona do viño que xa ven de atrás ao que hai que engadir un traballo moi forte para consolidar e poñer en valor un dos nosos produtos estrela como é o viño, especialmente a uva godello e mencía, aínda que haxa outras variedades.
Cada vez é máis coñecida. O departamento de comunicación e marketing fai un traballo moi importante de difusión, ven xente de fora e tamén virán moitos compañeiros meus do musical Houdini que estaba a facer en Madrid, ata o 3 de maio, que foi cando rematamos. Move moita xente e hai que salientar que este ano hai un día mais de feira. Vai ser un fin de semana moi divertido.

V de Cerca: ¿Como te sentes, en que momento profesional estás?
Christian Escuredo: Levo uns anos traballando moito, fora, antes de Houdini estiven grabando unha serie para a televisión portuguesa, o canle TVI, «A protegida». Estiven aí 8 meses e ao rematar xa enlacei co musical Houdini, que protagonizaba Pablo Puyol, no Teatro Calderón de Madrid, onde estivemos unha tempada. Como rematei o 3 de maio, agora estou de descanso, agardando polo seguinte proxecto, que posiblemente sexa a xira nacional deste espectáculo. Aínda non está pechado, pero está en vistas.
