32.4 C
O Barco de Valdeorras
viernes, agosto 14, 2026
Publicidad

Carlos Xabier Ares: «O Bolo pon en funcionamento os cinco sentidos, é unha terra que emociona e nos enche de orgullo»

Publicidad

O escritor e investigador foi o pregoeiro da Feira Irmandiña que se celebrou con gran animación

O escritor e investigador Carlos Xabier Ares abriu a Festa Irmandiña do Bolo como pregoeiro da edición deste ano, unha festa que contou con participación en animación durante toda a xornada. Pronunciou un emotivo pregón recordando as súas raíces familiares e enxalzando os valores e virtudes desta terra.

Pregón completo de Carlos Xabier Casares

Carlos Xabier Ares falou con emoción das súas raíces por parte materna, en Celeirós, nas Ermidas e nas Escadas, lembrando o seu avó, Pepe de Celeirós e a súa avoa Maruja das Escadas e das Ermitas. Alá donde estén, expresou, «vanse sentir moi felices e orgullosos de ver a un dos seus netos falar da terra que foi e segue sendo a súa, de dúas aldeas que foron o seu fogar e que unían a través da vella ponte da Teixeira, que o avó cruzaba para ir mocear coa mais fermosa das rapazas, de quen por certo gardo, con especial cariño, a medalla da súa eterna Virxe das Ermitas».

Tamén lembrou que en Celeirós naceu a súa nai «naquela porta verde que viamos dende a estrada cada vez que pasabamos polo cruce da xeneral».

Publicidad

Carlos Xabier Ares calificou o Bolo como unha terra fermosa, chea de riqueza etnográfica e tradicións «que poñen en marcha foi inmortalizado en lenzos e libros polo xa citado Yosso, e que está cheo de riquezas etnográficas e de tradicións que poñen en funcionamento os cinco sentidos. O oído, que nos permite escoitar ao Xudas estoupando á beira do Bibei; a vista, que nos trae imaxes tan icónicas como as do Xigante que en Celavente domina ó Touro; o gusto, co que saboreamos as lendas que nos adentran nunha cova das Ermitas; o olfacto, que nos deixa o arrecendo das seituras ás que Jacinta lles cantaba dende Lentellais; e o tacto, que nos leva a acariñar as cintas das Mázcaras de Buxán, mentres xiran ao ritmo dunha danza que enche o inverno do Bolo de luces e de cor».

Dixo que o «Fulión é tamén un símbolo de identidade propia co que O Bolo se amosa ao mundo. O mesmo que ocurre coa Feira Irmandiña, unha mostra de arraigo, unión e de sentemento de pertenza a esta terra ceibe que se deita a beber nas augas do Xares e do Bibei». O Bolo é o que aquí vemos hoxe, xuntanza, lembranza, bo ambiente e lembranza de tempos pasados, atributos que nos permiten sacar peito porque sabemos que estamos nun lugar único, nunha terra que nos enche de orgullo, nos emociona e nos fai sentir verdaderamente afortunados. ¡Viva a Feira Irmandiña!, ¡Vivan as Terras do Bolo! e ¡Viva a xente do Bolo!

A apertura da Feira Irmandiña tamén acudiron o delegado da Xunta, Manuel Pardo; o subdelegado do Goberno, Eladio Santos; os representantes da Corporación municipal co seu alcalde ao fronte, Miguen Ángel García e o alcalde do Barco, Aurentino Alonso, entre outros representantes, además de veciños e visitantes asistentes á Feira Irmandiña.