Besteiro (PSOE) pechou a campaña arropado por Pedro Sánchez: «Representamos o cambio seguro»

Publicidad

O candidato a presidencia da Xunta de Galicia volveu a reafirmar que o seu goberno «recatará» a sanidade pública

O candidato socialista José Ramón Gómez Besteiro pechou a campaña electoral en Santiago de Compostela, acompañado polo presidente do Goberno de España, Pedro Sánchez, e polas candidatas e candidatos socialistas. “Nós non representamos viaxes a ningunha parte, representamos o cambio seguro», dixo.

Besteiro volveu a reafirmar que o seu goberno empregarase a fondo para «rescatar» a sanidade pública galega tras 15 anos de “desleixo” do PP.

Falou tamén do compromiso do PSOE co ensino público, con libros gratuítos, da revalorización das pensións, da revolución dixital, a transición ecolóxica e de máis financiamento para Galicia e mellor .

Publicidad

Pola súa banda, Pedro Sánchez, recalcou que «a mellor noticia para Galicia sería ter dous presidentes socialistas, un na Xunta e outro no Goberno de España, porque defenderíamos aínda máis ao sector primario, ao sector pesqueiro e á industria do país”.