Así é o programa do Entrudio en Viana do Bolo

Publicidad

Fulións, Boteiros, tradición e moita troula

O programa do Entrudio (Entroido) en Viana do Bolo respeta ao milímetro a tradición conservando a súa esencia, unha festa ancestral en estado puro na que se pode disfrutar dunha manifestación cultural singular que enche de Boteiros, Fulións e troula esta localidade.

  • 15 de febreiro: Fulión Femenino (12,00 horas)
  • 20 de febreiro: Xoves de Compadres (As 20,00 horas Fariña, Fulións e actuación da charanga Alegría e as 00,00 horas Colga do Lardeiro)
  • 22 de febreiro: Comparsas. Comparsa na aldea de Seoane de Arriba (11,00 horas). Comparsa na aldea de Mourisca (17,00 horas). Fariñada e Fulións (20,00 horas)
  • 23 de febreiro: Exposición «O noso Entrudio, un cachiño de cada casa» na sala de exposicións do Concello de Viana (visitas en horario de atención ao público do Concello)

27 de febreiro, Xoves de Comadres: Desfile Infantil CEIP Bibei e Fulión IES Carlos Casares. Fariñada e Fulións (20,00 horas). Actuación da charanga Unión Phenosa (22,00 horas) Colga da Lardeira (00,00 horas).

1 de marzo, Sábado do Entrudio: Comparsa Santuario do Padre Eterno (as 11,00 horas). Comparsa na aldea de Pradocabalos (17,00 horas). Fariñada e Fulións (20,00 horas).

Publicidad

2 de marzo, Domingo Gordo: Desfile de Fulións, Boteiros e Carrozas desde Toural ata a Praza María Pita (11,30 horas). Xantar 53 edición Festa da Androlla (15,00 horas). Fulións (19,00 horas). Actuación da Charanga Louband (20,30 horas).

3 de marzo, Luns de Entrudio: Desfile do Fulión Infantil (16,30 horas) desde Toural ata a Praza Maior. Xogos e animación para nenas e nenos na Praza Maior e mini disco infantil (17,30 horas). Fulión Trapalleiro (20,00 horas)

4 de marzo, Martes de Entrudio: Saída dos Fulións e Boteiros dende a rúa Toural e vermú no Cabo da Vila (12,00 horas). Fariña e Fulións (16,00 horas). Saída dos Fulións do Pavillón á Praza Maior (23,30 horas). Queima dos Lardeiros (00,00 horas). Baile, concurso de disfraces e Discomobil (00,30 horas).

5 de marzo: Mércores de Cinsa: Enterro da Sardiña (18,00 horas). Sardiñada e torradas no Cabo da Vila (19,00 horas).