Cada ano moven preto de 800 personas
O vindeiro martes día 1 de setembro, ábrese o prazo de inscrición nas actividades das escolas deportivas municipais, programadas pola concellería de Deporte e Xuventude do Concello do Barco. Así o deu a coñecer o alcalde, Aurentino Alonso, que lembrou que cada ano contan cunha participación de preto de 800 personas.
As persoas maiores de 17 anos, terán múltiples opcións para practicar diferentes disciplinas deportivas, como a ximnasia rehabilitadora ou de mantemento, esta última en dous niveis de dificultade (alto e baixo); ponte en forma, adestramento funcional, zumba, pilates, bailes de salón, ioga, e tai-chi terapéutico.
Os interesados deberán achegarse de forma presencial ao departamento de deportes, no 2º andar do edificio multiusos do Concello, en horario de luns a venres, de 9:00 a 14:00 horas, para recoller o unha folla de matrícula e unha taxa bancaria co DNI do alumno/a, indicando a escola na que desexan inscribirse.
Para a adxudicación definitiva da praza, no prazo dunha semana, deberán facer entrega da taxa pagada (75 euros) e a folla de matrícula cumprimentada, na oficina de rexistro situada no 1º andar do mesmo edificio.
O curso dará comezo o día 1 de outubro de 2026, e prolongarase ata o 15 de xuño de 2027.
Ademais das anteriores disciplinas, varios clubs da vila ofertan actividades deportivas cuxos prazos de inscrición, horarios e prezos son xestionados seguindo as condicións do seu propio funcionamento. Estas actividades son: karate, tiro con arco, boxeo e kick boxing, e pádel.

Deporte base
As escolas deportivas municipais tamén ofrecen á veciñanza menor de 17 anos, opcións de matrícula en tres modalidades deportivas: ximnasia rítmica, zumba e multideportes.
A inscrición nestas actividades segue o mesmo procedemento que para as actividades das persoas adultas, coa diferenza do prezo, que neste caso é de 50 euros para menores de 4 a 16 anos.
Por outra banda, os diferentes clubs deportivos do Barco, ofrecen a posibilidade de practicar outras disciplinas como fútbol, fútbol sala, karate, atletismo, baloncesto, tiro con arco, pádel, voleibol, patinaxe e hóckey patíns, boxeo e kick boxing e piragüismo.
Cada un destes deportes ou modalidades estará xestionado polo club deportivo ao que pertence, polo que as idades, prezos de matrícula e forma de funcionamento son diferentes en cada un deles.
O alcalde, Aurentino Alonso, sinalou que as escolas deportivas van máis alá do deporte pois supoñen tamén unha forma de fortalecemento das relacións sociais da veciñanza. E citou que o ano pasado as escolas deportivas moveron preto de 800 personas. Además, lembrou que a piscina climatizada ten uns 900 usuarios. «No Barco hai moita actividade deportiva, á que hai que sumar tamén a propia actividade dos clubes e da xente que fai deporte por libre», concluiu.
