Alfredo García estará hoxe en Ourense co seu acto central de campaña das primarias do PSOE

Publicidad

Falará no Centro Cultural Marcos Valcárcel, as 20,00 horas

O candidato á Secretaría xeral do PSdeG-PSOE de Ourense, Alfredo García, fará hoxe o acto central de campaña, «Escoitando a militancia» no Centro Cultural Marcos Valcárcel (Rúa do Progreso, 30), en Ourense, a partir das 20,00 horas.

Alfredo García pon en valor o “feminismo e a memoria histórica” para que, dende este domingo 23 de xaneiro, o partido socialista de Ourense sexa un “partido con futuro”. Onde a “xente nova” teña oportunidades, se desenvolvan proxectos con “ilusión” e se “teña en conta a experiencia de quen leva toda a vida coa “acción política e o progreso no seu seo”, dixo.

Publicidad

No acto do pasado luns se lle deu “voz ás mulleres e concelleiras socialistas” de Ourense ante a necesidade de “romper roles” e “mellorar a visibilización das mulleres na política ourensá e nos cargos institucionais”, así como atallar o “problema da conciliación familiar”.

Publicidad

Alfredo García sentouse de novo a escoitar aos militantes socialistas de Ourense e comprometeuse a que a memoria histórica deixe de ser unha promesa incumprida que quedou en saco roto hai catro anos creando un equipo de traballo para elo e realizando actos institucionais que devolvan a memoria ás familias.

O acto tivo lugar na explanada do claustro de San Francisco, como lugar de referencia da memoria histórica orensana baixo o lema “que non nos borren a memoria”.

O candidato estivo acompañado por militantes destacados neste ámbito como Javier Quintas, delegado da fundación Luis Tilve e exsecretario de memoria histórica do PSdeG de Ourense; Xose Lois Carrión, fundador da asociación “Amigos da República de Ourense” e David Simón, presidente da asociación “Amigos da República”, que lembraron a necesidade orgánica do partido socialista de ter a sensibilidade de restablecer a memoria e a creación dunha rede de “centros para a memoria”.