AEVA inicia o programa AevaEmprégate cunha xornada sobre as novidades do IRPF

Publicidad

Será impartida por Miguel Ángel Garrido, administrador da Axencia Estatal da Administración Tributaria no Barco, o mércores 29 de marzo

A Asociación Empresarial de Valdeorras pon en marcha a que xa é a quinta edición de AevaEmprégate, o programa de formación e promoción empresarial que desenvolve co apoio da Deputación de Ourense. Neste 2023 a primeira das actividades é unha xornada sobre as “Novidades Normativas do Imposto da Renda” (IRPF) que imparte Miguel Ángel Garrido, administrador da Axencia Estatal de Administración Tributaria no Barco, e que se celebrará o mércores 29 de marzo de 16,00 a 18,00 horas no salón de actos do Edificio Multiusos do Barco de Valdeorras.

Con esta xornada o colectivo empresarial valdeorrés quere ofrecer aos seus asociados a información relevante sobre a que será a campaña da renda de 2022, no que se refire a novidades normativas, asistencia, renda web, datos fiscais (axudas, bono cultural, intereses de demora) e APP. No evento abordarase a modificación da dedución por maternidade vixente hasta 2022, pendente de publicación no BOE, e que tamén vai afectar á esta campaña 2022.

A xornada, aínda que ideada para os asociados de AEVA, está aberta á participación de calquera persoa interesada previo abono dunha cota de inscrición de 20€. Dende a asociación tamén se anima aos empresarios e autónomos valdeorreses a que se sumen a
AEVA, cunha cuota que parte dos 100€ anuais. A inscripción, tanto no curso como en AEVA, farase dende o formulario dispoñible na web empresariosdevaldeorras.com

Publicidad