A Xunta reforza a conexión en autobús entre Ourense, O Barco e Trives

Publicidad

Incorpora dous novos servizos, frecuencias e paradas mellorando tamén os que conectan Trives e O Barco

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, visitou esta mañá a estación de autobuses de Ourense para anunciar que a Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, ampliou e optimizou as conexións do Barco de Valdeorras con Ourense e A Pobra de Trives con novas frecuencias e revisión das paradas existentes dende o pasado luns 16 de setembro.

Publicidad

O delegado territorial explicou que o número de servizos dispoñible entre Ourense e Valdeorras incrementouse con dúas novas expedicións que se manterán operativas de luns a venres, unha de ida e máis outra de volta. Así, trátase dunha expedición con saída do Barco de Valdeorras ás 6,00 horas e chegada prevista a Ourense ás 8,03 horas; e doutra con saída de Ourense ás 16,15 horas e chegada estimada ao Barco de Valdeorras ás 18,18 horas.

Manuel Pardo

Manuel Pardo engadiu que ademais, tamén se mellora a conexión entre O Barco de Valdeorras e A Pobra de Trives para facilitar os desprazamentos das persoas usuarias entre estas dúas vilas con novos servizos e coa incorporación dunha nova parada nas liñas existentes.

Publicidad
Publicidad

En liña co anterior, habilítanse dous novos servizos entre O Barco de Valdeorras e A Pobra de Trives funcionais en tempada lectiva: un con saída do Barco ás 07,10 horas e chegada a Trives ás 08,09 horas, e outro con saída da Pobra de Trives ás 18:05 horas e chegada ás 19:04 horas ao Barco de Valdeorras os luns e os martes.

A nova parada á demanda no IES Xermán Ancochea Quevedo estará dispoñible para todos os servizos que conectan A Pobra de Trives e O Barco de Valdeorras, incluídos os anteriores, facilitando o acceso do alumnado de FP.