A Xunta presentará no Barco as líneas de axudas a pequenas empresas

Casa Grande de Viloira
Publicidad

Terá lugar o luns 14 de marzo e os interesados deben inscribirse na web de AEVA

A comarca de Valdeorras acolle o programa Camiño de Futuro, iniciativa da Xunta de Galicia que dá continuidade a Camiño da Innovación, desenvolta a finais do pasado ano en diferentes puntos do territorio galego.

Ambas teñen como obxectivo dar a coñecer as diferentes liñas de axudas en Galicia dispoñibles para pequenas empresas para mellorar a súa competitividade e facilitar o seu crecemento, así como impulsar a innovación, internacionalización e sustentabilidade entre as máis afastadas dos núcleos urbanos.

Publicidad

Esta sesión, que terá lugar o vindeiro luns 14 de marzo a partir das 12,00 horas na Casa grande de Viloria (O Barco), contará coas intervencións de Patricia Argerey, directora da  Axencia  Galega de Innovación (GAIN); Marisol Novoa, presidenta da Confederación Empresarial de Ourense; técnicos de IGAPE e GAIN, representantes dos Grupos de Desenvolvemento Rural (GDR) e xerentes de diferentes pemes galegas con experiencias en materia de innovación de éxito.

Publicidad

Os interesados en participar deben inscribirse previamente nun formulario ao que poderán acceder na páxina web da Asociación de Empresarios de Valdeorras (AEVA).