A Xunta mellorará a seguridade vial na OU-636 en Larouco

Publicidad

O delegado, Gabriel Alén, reuniuse ca alcaldesa, Patricia Lamela, para falar deste proxecto que contempla unha nova senda en Freixido

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, reuniuse esta mañá coa alcaldesa de Larouco, Patricia Lamela, a quen lle comunicou que a Xunta construirá unha senda en Freixido que mellorará a seguridade e a accesibilidade da estrada OU-636. Trátase dunha actuación na que a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade investirá máis de 20.000 euros.

O delegado territorial explicou que se trata dunha senda en formigón desde o punto quilométrico 19+900, na marxe dereita, ata o punto quilométrico 20+050, sumando 150 metros de itinerario. A súa anchura será duns 2,00 metros aproximadamente e executarase dentro do dominio público dispoñible. Será necesaria a construción dun muro de dique, pero de pequena altura.

Esta senda daralle continuidade ás cunetas transitables ao seu paso polo núcleo da Caseta (OU- 637), levadas a cabo tamén pola Consellería de Infraestruturas e Mobilidade.

Publicidad

A intervención consistiu na renovación das beirarrúas existentes, xunto coa adecuación aos requisitos de accesibilidade dos pasos peonís actuais.

Tamén se reforzou a accesibilidade nos pasos de peóns, dotando as beirarrúas de tramos en rampla e baldosas podotáctiles, ampliando a súa anchura neses puntos para evitar o aparcamento na aproximación ao paso e mellorar a visibilidade.