A Xunta convocará 30 plazas de especialistas no Distrito Sanitario de Valdeorras por concurso de méritos

Publicidad

Delas 21 están asignadas ao Hospital comarcal e 9 aos centros de saúde, segundo informaron o delegado, Gabriel Alén, e o xerente da área sanitaria, Félix Rubial

O delegado territorial da Xunta de Galicia en Ourense, Gabriel Alén, e o xerente da área sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, Félix Rubial, informaron esta mañá, no Hospital comarcal de Valdeorras, que a convocatoria de prazas de difícil cobertura mediante concurso de méritos, sen oposición, que se aprobará nas vindeiras semanas, ofertará 30 prazas de persoal especialista con carácter fixo no Distrito Sanitario de Valdeorras:  21 de diferentes especialidades no hospital público do Barco e 9 nos centros de saúde da bisbarra.

Esta innovadora iniciativa segue o exitoso modelo aplicado pola Xunta de Galicia o pasado ano 2022 para facilitar a cobertura de prazas de persoal médico en centros de saúde con dificultades para fixar persoal, e que permitíu consolidar 21 prazas de persoal facultativo de atención primaria na provincia de Ourense, tres delas no Barco de Valdeorras.

O delegado territorial e o xerente detallaron as características das prazas a cubrir de xeito permanente no próximo concurso. Das 21 prazas do hospitais, 2 serán de cirurxía xeral e do aparello dixestivo, 2 de medicina interna, 2 de medicina de urxencias, 2 de xinecoloxía e obstetricia, 2 de farmacia hospitalaria, 2 de hematoloxía e hemoterapia; 1 de pediatría e áreas específicas, 1 de oftalmoloxía, 1 otorrinolaringoloxía, 1 de endocrinoloxía e nutrición, 1 de radiodiagnóstico, 1 de dermatoloxía médico-cirúrxica e veneroloxía, 1 de microbioloxía, 1 de medicina de hospitalización a domicilio (HADO); ademais  dunha nova prazas  de enfermeira especialista en saúde mental.

Publicidad

Ademais das citadas, convocaranse  nos Centros de Saúde do Distrito oito prazas para médicos de atención primaria e unha de pediatra, en concreto no Servizo de Atención Primaria de O Barco, que  suma dous prazas máis a cubrir por esta vía, ás que se engaden dúas.

Tamén ofertaranse dúas prazas para a Pobra de Trives,  dúas para A Rúa e unha para Viana do Bolo.

Esta convocatoria, de máis de 400 prazas en toda Galicia, foi anunciada os pasados días polo Presidente da Xunta, Alfonso Rueda, e realizarase ao abeiro da Lei 2/2022, de medidas extraordinarias para a provisión de postos de difícil cobertura, de prazas que quedan desertas nos concursos de traslados, aprobada en outubro polo Parlamento de Galicia, e que permite a convocatoria mediante concurso de méritos (é dicir, sen oposición) de prazas en propiedade en categorías como facultativo especialista de atención primaria, pediatría de atención primaria, as especialidades médicas dos hospitais comarcais ou as prazas sanitarias vinculadas ao Plan de Saúde Mental de Galicia.

Iniciativa da Xunta ante a falta de reformas no eido estatal

A necesidade de dotarse de máis recursos humanos e cubrir prazas vacantes en zonas de difícil cobertura da comunidade motivou que a Xunta de Galicia impulsara esta medida lexislativa, que incentiva a provisión destas prazas ao ofrecer a maior estabilidade (praza fixa en propiedade) co sistema de acceso máis sinxelo.

Os residentes MIR destas especialidades que terminen a especialidade en maio poderán optar a estas prazas e ser persoal fixo neste mesmo ano, ao permitírselles inscribirse con carácter previo e acreditar o título da especialidade unha vez a rematen. A Xunta prevé resolver o concurso á volta do verán e as condicións para os adxudicatarios serán a de permanecer en activo nelas durante un mínimo de 2 anos.

Esta necesidade de incentivar as prazas de difícil cobertura fora xa obxecto dun acordo do Consello Interterritorial do Sistema Nacional de Saúde aprobado por unanimidade en abril de 2018 no que se establecía a necesidade de reformar a lexislación do Estatuto Marco do persoal estatutario dos servizos de saúde a tal efecto, un acordo que permanece incumprido desde entón.

Do mesmo xeito, o impulso do sistema de concurso para a selección de persoal sanitario especialista é unha recomendación incluída no ditame da Comisión para a reconstrución social e económica creada no Congreso dos Deputados, que continúa  sen cumprirse por parte do Goberno de España dous anos despois da aprobación dese ditame.

Deste xeito, a Xunta aborda con medidas innovadoras o déficit de médicos e profesionais sanitarios, unha situación que afecta a todas as comunidades autónomas nestes intres mentres continúa o incumprimento dos compromisos de reforma da lexislación estatal e venceu a finais de 2022.